top of page

O xadrez como actividade extraescolar pretende contribuír á educación integral dos alumnos empregando o modelo das intelixencias múltiples.

Os contidos e actividades que se levan a cabo procuran potenciar as capacidades intelectuais e a intelixencia emocional así como fomentar valores fundamentais, potenciando o aumento da capacidade de atención e da concentración, a mellora do razoamento lóxico e adquisición do hábitos precisos para o estudo e a mellora do rendemento escolar.​

Resulta interesante resaltar ao xadrez como actividade para os alumnos polas seguintes razóns.

  • O xadrez é un xogo, e o xogo é crítico para o desenvolvemento social dos nenos xa que contribúe á mellora das súas relacións interpersoais.

  • O xadrez é un xogo cunhas regras sinxelas pero a súa práctica require do uso de estratexias cognitivas complexas.

  • O Xadrez é unha plataforma educativa fantástica para calquera neno; serve para mellorar a tolerancia á frustración e os sentimentos que a acompañan, como a rabia ou agresividade.

  • A práctica regular do Xadrez resulta beneficiosa para mellorar as habilidades cognitivas, capacidade para resolver problemas, e para adaptarse á realidade.

Xornada de Portas Abertas

bottom of page