POAP ( PLAN DE ORIENTACIÓN ACADÉMICO E PROFESIONAL)
CHARLAS DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
Obxectivos en 4º Educación Secundaria Obrigatoria
- Informar os pais e alumnos sobre as distintas opcións académicas e profesionais ao finalizar a Educación Obrigatoria.
- Favorecer o autocoñecemento do alumno; aptitudes, intereses e autoconcepto.
- Sensibilizar aos alumnos sobre a importancia da toma de decisións académicas e/ou profesionais.
- Coñecer as distintas modalidades de Bacharelato e as Familias Profesionais na Formación Profesional.
- Facilitar información suficiente ao alumno sobre as diferentes opcións educativas e laborais.
Obxectivos en 3º Educación Secundaria Obrigatoria
- Afondar na toma de decisións iniciada en 2º da ESO.
- Favorecer o coñecemento do alumno sobre os seus propios intereses e motivacións.
- Informar o alumnado sobre os itinerarios e as posibles optativas a elixir para 4º da ESO.
- Analizar sinteticamente o contido das citadas optativas e estudar a relación dos itinerarios coas modalidades de Bacharelato.
- Informar o alumnado sobre as Familias na Formación Profesional.
Obxectivos en 2º Educación Secundaria Obrigatoria
- Sensibilizar o alumnado sobre a importancia da toma de decisións en relación co futuro académico e profesional.
- Informar os pais e alumnos sobre as distintas opcións académicas ao terminar o 2º curso de da ESO.
- Informar sobre as optativas que existen e a súa relación cos itinerarios académicos.
- Favorecer o coñecemento do alumno sobre as súas capacidades e aptitudes.
As horas de Titoría e a hora de lecer dos mércores destinarase á Orientación académica individual dos alumnos que acudirán ao Departamento de Orientación para resolver dúbidas.
COMO COMPLEMENTO ÁS CHARLAS IMPARTIDAS, os alumnos de 4º da ESO realizarán unha visita ao Instituto A GUÍA nunha xornada de acollida de dúas horas de duración:
Invitación ás xornadas de acollida e programa