Benvidas e benvidos ao Colexio Possumus,
O prazo oficial de solicitude de admisión é do 1 ao 22 de marzo, aínda que a partir de xaneiro xa podedes poñervos en contacto coa secretaría do Colexio para recibir información e deixar os vosos datos.
-
Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar. A infracción desta norma determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
-
O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
-
O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.
A dirección:
O proceso de admisión está regulado pola Xunta de Galicia, segundo o establecido na orde publicada ao respecto no Diario Oficial de Galicia.
-Decreto 254/2012 de 13/12 (DOG 26/12/2012)
-Orde de 12/03/2013 (DOG 24/04/2013)
MATRÍCULAS
Podes obter máis información enviando un correo electrónico:
Para máis información:
r/ Purificación Saavedra, nº62
36207 ~ Vigo (Pontevedra)
Tlf. e Fax: 986 37 13 30
675 83 43 58
FORMULARIOS SOLICITUDE MATRÍCULA
Os listados provisionais de admisión de alumnos publicados polos titulares dos centros poderán ser obxecto de reclamación ante o titular do centro no prazo de 5 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da súa publicación.
A resolución producirase mediante a publicación dos listados definitivos.
Podes consulltar aquí as NOFC do Centro.