top of page

O servizo de comedor funcionará dende o primeiro día de clase coa mesma organización e o mesmo horario de saídas que o pasado curso. Lembrámoslles que temos que saber con exactitude os menús a encargar polo que deberán formalizar a súa inscrición a través do seguinte FORMULARIO: 

​

RESERVA DE COMEDOR

 

 

tendo en conta as seguintes normas:

​

1. O menú RESERVARASE ata as 14h do día anterior por correo escribindo o nome e apelidos do alumno, curso, día para o que solicita dito servizo e hora de saída do mesmo. Se queremos reservar o menú para o luns debe facerse o venres anterior.

​

2. Para CANCELAR o servizo de comedor e para CONTRATALO de novo, avisarase mediante un e-mail. As CANCELACIÓNS URXENTES, deben facerse antes das 9h da mañá do mesmo día, senón procederase ao cobro do mesmo pois non poderemos xa anulalo.

​

3. Os beneficiarios das axudas de comedor se non asisten ao mesmo deberán recuperar os días no mesmo mes, salvo o mes de setembro, ata que se autoricen as axudas.  Calquera dúbida ou consulta persoal tamén será xestionada a través do correo electrónico. Grazas polo súa colaboración.

arelas-logo-final.png

Copyright © 2016    Colexio Possumus

  • Facebook Social Icon
  • Icono social Twitter
  • Instagram
  • YouTube
bottom of page