Desde o noso centro educativo, coñecemos as necesidades que reclaman os rapaces e rapazas no seu traballo diario para evitar a sensación de fracaso ante os resultados académicos.
É certo, que os malos ou escasos resultados poden deberse a diversos factores: ambientais, persoais, psicolóxicos… os cales varían en cada persoa. Aínda así, coñecer e aplicar unhas técnicas de estudo concretas, creativas e personalizadas é fundamental para todos os estudantes. Polo que, dispoñer dunha boa planificación e organización; traballar a comprensión lectora e análise; potenciar a concentración e a memoria favorecerá os resultados académicos, incrementará a autoestima do alumno e co tempo a súa capacidade de aprendizaxe será máis autónoma e madura.
Podedes consultar estas páxinas para practicar: