top of page

EVENTOS 

CUENTACUENTOS - CONTACONTOS - STORYTELLING

"A pequena oruga glotona" inicia unha serie de contacontos ("storytelling") adicados aos máis pequenos e que serán realizados nas tres linguas do colexio na etapa de educación infantil: castelán, galego e inglés. Estas actividades axudan a promover a expresión oral e a que os nosos alumnos/as aprendan novo vocabulario e estruturas gramaticais nas tres linguas. Por outra banda, axuda tamén a desenvolver a imaxinación e a creatividade ademais de fomentar o interese pola lectura.

Esperamos que as historias así contadas den moito de que falar!

EMPRENDEDORES.ES

(5º Encontro)

Queres arrancar coa túa empresa? Estás matinando un proxecto e non sabes como poñelo en marcha? Un asesor co que no visita mañán venres 26 (10,30 h.) no COLEXIO POSSUMUS darache as claves para iniciarte ou asociarte. Aula aberta, para alumnado de 4º de ESO, nais, pais e público en xeral. Entrada libre, a única condición reservar praza chamando ao 986 371 330.

 

Duración do encontro: 50 minutos. Convidámoste!

JORGE HERNÁNDEZ E A VIDA SECREDA DOS CEFALÓPODOS

O 2 de Abril o alumnado de 5º e 6º de primaria tiveron unha marabillosa charla explicativa de mans do investigador do CSIC, Jorge Hernández. Grazas a iniciativa do Faro da Escola do Faro de Vigo, achegouse a ciencia ao alumando, e a través de vídeos e imaxes coñeceron a fondo a vida dos cefalópodos e como éstes se distribúen nas Illas Cíes. 

EU COCIÑO, TI COCIÑAS?

O alumnado de 1º e 2º de primaria asistiron a unha escola de cociña moi divertida e didáctica. A compañía Mamá Cabra, presentou esta obra coa alimentación saudable como eixo central. Nela, ensinaron os valores dunha dieta saudable e equilibrada, con moitos toques de humor e aderezada coa música da propia compañía Mamá Cabra.

UNHA MAÑÁ NA HÍPICA

Compartimos unha xornada moi motivadora para os alumnos de 2º e 1º de primaria, montando ponis, peinando as súas crins, compartindo a merenda con eles, aprendendo natural_mente un montón de coñecementos do mundo da hípica.


Un día inesquecible!!!

STORYTELLING "A TASTE OF THE MOON"

Storytelling describes the activity of sharing a tale in English with improvisation and theatrics, it is a kind of teaching method which can help the children to learn English in a funny, creative and playful way and at the same time it promotes the love for reading and literature.
 
Aimed to students from 3 to 10 years old and performed by Abi, our native English teacher. The chosen book for the last storytelling was A Taste of the Moon by Michael Grejniec; it is a fable about co-operation and collaboration between a group of animals in their quest to reach the moon, the advantages of being insignificant in size and appearance, with a dash of humour provided by a playful moon while focusing on important values, such as generosity, solidarity, and kindness. We really like it!

GRAND PRIX FINANCIERO

O "Grand Prix Financiero. ¿Jugamos a ser mayores? ¡Me divierto aprendiendo a ahorrar!" é un xogo moi divertido para alumnado dende 1º ata 6º de primaria promovido por AFundación. Con este xogo, sobre as finanzas, ensínase aos rapaces/zas que os cartos non aparecen da nada por arte de maxia; amósaselles a diferenza entre o necesario e o desexado e que non sempre podemos ter o que queremos.

A través do xogo, durante os días 7 e 8 de febreiro, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria do noso Centro aprenderon a xestionar os cartos en distintas fases, dende un xogo da "Oca" ata un pequeno mercadillo.

Máis información

DÍA DE INTERNET SEGURO - 5 FEBREIRO NO COLEXIO POSSUMUS

Suplantación de identidade, chantaxes, roubos de contrasinais, acoso... Son moitos os riscos aos que se enfrontan os nosos nenos e mozos cando realizan un uso inadecuado da internet e as redes sociais, unha realidade na que se moven todos os días e da que, en moitas ocasións, os adultos non son conscientes.

O día de Internet seguro celébrase cada 5 de febreiro co obxectivo de promover o uso seguro e positivo das tecnoloxías dixitais. Na nosa escola tanto pais, alumnos coma  profesores recibimos información continua para converter a Internet nun espazo responsable e respectuoso.

Onte foron os alumnos de 5º e 6º de Educación Primaria os que tiveron unha sesión de formación de dúas horas sobre “Riscos tecnolóxicos o uso de internet e redes sociais”. A experta da policía nacional Mercedes Dabán, contou dende a súa experiencia as consecuencias e ameazas que poden ter os mozos e mozas se usan mal as novas tecnoloxías.

Máis información

O COLEXIO POSSUMUS CON PLANETA CÍES

O xoves 31 de xaneiro, o alumnado dos dous últimos curso da ESO acudiu a presentación do Proxecto Planeta Cíes que ten como obxectivo principal potenciar a sensibilizacion pola conservación e a preservación dos valores naturais das Illas Cíes, e tamén potenciar a candidatura Illas Cíes Patrimonio da Humanidade.

A presentación do Proxecto tivo lugar no Auditorio Mar de Vigo. O alcalde Abel Caballero animou a todo o alumnado a participar e coñecer o noso ben cultural e os valores naturais das Illas, posteriormente, as coordinadoras do proxecto explicaron o programa, cuxa primeira fase consiste en traballar as Unidades Didácticas co alumnado, ademais o Concello desprazará aos centros participantes obradoiros divulgativos e de experimentación para facilitar o coñecemento das Illas Cíes.

30 DE XANEIRO, DÍA MUNDIAL DA PAZ

O alumnado do Centro, realizou un vídeo para conmemorar este día. O alumnado empregou a lingua de signos para pedir máis Paz e menos Violencia.

Podedes ver o vídeo na seguinte ligazón:

Día da Paz 2019

MAMÁNATURA NO COLEXIO POSSUMUS

Sonia Martínez compartiu a súa experiencia como emprendedora co alumnado de 4º da ESO o venres 25 de xaneiro. O pasado 2 de xaneiro abriu un posto no Mercado de Teis nun campo todavía un tanto descoñecido, o dos productos ecolóxicos.


Sonia transmitiu as inquedanzas, e a preparación persoal para afrontar o seu novo proxecto: "loitar polos soños e elexir os estudos cos que prepararse profesionalmente para afrontar un proxecto".


Este coloquio enmarcábase ademáis desde a ESO dentro do proxecto Natural_Mente, que o centro ven traballando este curso. 

PLAN DE MELLORA DA SEGURIDADE NOS CENTROS EDUCATIVOS

o luns 21 de xaneiro, 1º e 2º de ESO recibiu unha charla dentro do programa "Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos Centros Educativos" sobre Violencia de Xénero. A charla estivo impartida por unha policia nacional experta no tema. 

A través das súas vivencias e mediante curtas, mantivo ao alumnado atento en todo momento e transmitiu a necesidade de cambio na sociedade, tanto por parte dos nenos como das nenas. Sobre todo, deixou ben claro que todo aquelo que fai dano e corta as liberdades persoais que nos fan únicos NON É AMOR!!!

A PATRULLA RECICLAXE DE NOVO EN ACCIÓN!

Unha selección de alumnos de toda primaria recibiron unha clase maxistral sobre "Separación de Residuos" de mans de Mayra Moure, unha técnico enviada dende o Plan Proxecta da Xunta "Recíclate con Sogama" para concienciar e ensinar ao alumnado a separar para logo reciclar.

O alumnado estivo moi atento e collendo anotacións para poder transmitir o aprendido ao resto dos compañeiros de aula. 

Bo traballo, Patrulla Reciclaxe!!!

DIVERCIENCIAS 2019, O PROXECTO MÁIS ESPERADO!!!

Volve o Proxecto máis esperado polo alumnado do Centro, Diverciencias 2019 chega o 14 de xaneiro con novas actividades e con moita ilusión. 

O alumnado tanto de infantil, coma primaria, e incluso secundaria vivirán 6 semanas de apaixoantes actividades que os acercarán ao mundo das ciencias e no que poderán ver que estas disciplinas teñen moito de diversión!

Esperamos que vós guste!

AS FORZAS ARMADAS

O Plan de Orientación Académica e Profesional trouxo ao Centro o pasado venres 11 de xaneiro, unha conferencia a cargo do tenente das Forzas Armadas, Gonzalo Martínez Rodríguez.
 

O Tenente, explicou aos alumnos/as de 4º da ESO as posibles vías de incorporación ás Forzas Armadas dende os distintos niveis educativos, e tamén informar sobre o futuro e as posibilidades de ascensos dentro da carreira militar.


Gonzalo Martínez foi quen de transmitir os valores da Forzas Armadas, familiarizando ao alumnado co papel da defensa, a seguridade e a paz, e danno por tanto unha visión moi diferente da que soemos ter do Exército!!!

VERMICOMPOST

O pasado mércores 12 de decembro, o alumnado de 6º de E.I., de 1º e 2º de E.P. visitou a Horta Eco-Escolar, cun bote, comida moi madura, miñocas e moita intriga… Con qué actividade lles ía a sorprender Flor (a nosa monitora de Amigos da Terra), Sorpresa!!! UN VERMICOMPOSTEIRO, para entendernos unha casiña para as lombrices, cunha camiña de área, unha despensa de comida e outra mantiña de terra e así sucesivamente ata encher o tarro de vidro.

 

Os pequenos foron quen de construír unha confortable vivenda, logo lle engadiron una reserva de auga e aloxaron a unha familia de cinco miñocas en cada casa. Abriron unhas pequeñas fiestras no tellado da vivenda, e para rematar protexeron o bote cun pouco de papel de aluminio. A casa estaba lista!

 

Agora toca esperar a que as lombrices fagan o seu traballo e fabriquen o compost que logo empregarase na nosa horta, ademáis de botarlle unha man ao medio ambiente.

Para completar a actividade os cativos/as recibiron unha charla sobre a bioloxía e a importancia das miñocas no Planeta!!!

MINI TORNEO DE XADREZ EN PRIMARIA

O alumnado de Educación Primaria viviu o 11de decembro unha xornada apaixoante en torno ao Xadrez. Divididos por aulas, realizaron partidas curtas de 5 minutos de tempo por xogador. Toda unha aventura na que ían cambiando de parellas segundo fosen progresando no xogo ata completar unha sesión de clase. O tempo pasou voando e todos puideron demostrar o aprendido durante estes dous cursos nos que primaria se está a beneficiar do noso programa de Xadrez na Aula baixo a "batuta" pacente e contemplativa de Miguel A. Fernández-Martínez, o noso mentor nesta diciplina.

Xa estamos contando os días para participar no III Torneo de Xadrez do Colexio Possumus!

INMERSIÓN LINGÜÍSTICA "ENGLISH WEEK 2018"

Hoxe, día 10 de decembro, o alumnado de 1º da ESO incorporouse ao centro tras pasar unha semana completa de inmersión lingüística na aldea de Os Peares. Durante esta semana o alumnado participou en diferentes actividades nas que fixeron uso do inglés en situacións comunicativas reais, ademais de participar en diferentes obradoiros e convivir con alumnado procedente doutros centros de Galicia. 

A English Week, é un programa da Conselleríade Cultura, Educación e Ordenacíón Universitaria, está deseñado para o perfeccionamento da lingua inglesa facilitando o perfeccionamento na fluidez verbal como na comprensión auditiva.

 

Toda unha experiencia de aprendizaxe!!! 

O COLEXIO POSSUMUS COAS ILLAS CÍES: OBXECTIVO PATRIMONIO DA HUMANIDADE

O venres 30 de novembro, o alumnado de 5º e 6º de primaria participou nos obradoiros didácticos dirixidos a Escolares na Semana da Ciencia Illas Cíes que se celebrou no Museo MARCO de Vigo.

O obradoiro consistía en 6 obradoiros relacionadas coas Illas e que contribuían á divulgación científica así como á promoción das Illas Cíes como Patrimonio da Humanidade. As actividades tocaban os seguintes aspectos: xeoloxía, procesos ecolóxicos, hábitats e especies, paisaxe, oceanografía e usos. O alumnado (distribuído en grupos) ía rotando por cada un dos obradoiros e tiña que levar consigo o Pasaporte Cíes para ser debidamente asinado. Rematados os obradoiros, tiveron unha proxección a cargo do Biólogo Manuel E. Garci que foi que de revelar aos nenos/as os segredos dos fondos mariños.

Todo unha experiencia e unha aprendizaxe!!!

DEPORTES ALBÉNIZ NO COLEXIO POSSUMUS

O alumnado de 4º de ESO tivo unha charla-coloquio o pasado 29 de novembro con Mª Jesús Román, propietaria da tenda de Teis Deportes ALBÉNIZ. Esta tenda situada na rúa central do barrio cumpre o 1 de decembro 38 anos.

 

Nunha grata xornada, abordamos as claves para poñer en valor o comercio local, que Mª Jesús Román, recoñecía como "vital para xerar a súa vez riqueza no barrio de Teis", para dar vida e facer medrar as relacións sociais entre nós.

 

Un dos consellos extraídos na charla foi o de "adaptarse ás novas formas de vender e mercar que brotan da crise", e "crear marca da tenda con deseño propio e creativo, como nós facemos con Galifornia, que é roupa deportiva que está gustando". 

 

Seguiremos EMPRENDENDO!

25 NOVEMBRO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Con motivo da conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o Colexio Possumus participa unha vez máis a través de EnlazaVigo coa Concellería de Igualdade do Concello de Vigo e o Consello Municipal da Muller poñendo en marcha un conxunto de accións dirixidas a sensibilizar á sociedade sobre a violencia que se exerce contra as mulleres.

Este ano no paseo do Calvario mostrase, ata o mércores 28, unha exposición colectiva de imaxes que identifican diferentes micromachismos. 

Os alumnos de 4° de la ESO despois de varias actividades de concienciación e identificación de estes micromachismos na nosa sociedade, participaron creando unha  imaxe que leva por título “A lavadora non é miña!".

Non Vos perdades e exposición no Calvario para poder entre todos identificar estes micromachismos  e erradicalos.

Entre todos sexamos parte da SOLUCIÓN!!!

ADOS NO COLEXIO POSSUMUS

Para poder conseguir unha sociedade concienciada é importante manter o labor de divulgación dos beneficios da doazón aos nosos alumnos.

Coa intención de que estes adolescentes xeren actitudes importantes cara a súa vida futura, o 28 de novembro 3º e 4º da ESO recibirán unha charla formativa organizada pola Oficina de Coordinación de Transplantes (OCT) da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS)

​A charla será impartida por un profesional da coordinación de transplantes e dúas persoas que aportarán a súa experiencia vital.

Co fin de concienciar a toda a comunidade educativa, as familias tamén podedes asistir a charla comezará ás 12.40h .

INVESTIGANDO CON EMOCIÓN

O 23 de novembro, os cinco representantes da clase de 1º da ESO do Colexio Possumus, realizaron a súa ponencia sobre a "Influencia de la vegetación en el pH y humedad del suelo". Foi toda unha demostración de traballo en equipo e saber facer. Unha posta en escena impecable e un traballo de investigación ben explicado. Parabéns aos participantes!

O Foro foi clausurado por: Teresa Balado, consultora cooperativa en Espazocoop, José Luis Vázquez, Presidente del ICCT (Instituto de Cultura, Ciencia y Tecnología) e Jesús Souza, Director da Estación de Ciencias Marinas de Toralla e Catedrático da Universidad de Vigo ademais de profesor/investigador na Facultade de Ciencias do Mar da UVIGO.

 

Neste acto, todo o alumnado participante recibiu un diploma acreditativo e unha felicitación polo traballo ben feito, porque nestas mentes brillantes está o futuro da investigación!

Presentación Colexio Possumus no Foro

Moitas grazas ao Colexio Alborada e ao Institut El Cairat (Esparreguera) pola organización do evento, a Espazocoop e ao ICCT pola Dirección Técnica e aos patrocinadores: Escola de Enxeñería Industrial da UVIGO, a Deputación de Pontevedra e ABANCA. 

"A investigación científica transforma a Sociedade"  Enrique Agüera Ibáñez

ACTO INAUGURACIÓN VIII FORO DE INVESTIGACIÓN

O xoves 22 de novembro tivo lugar o acto de inauguración do VIII Foro Intercomunitario de Investigación Xuvenil no que participan alumnos do Colexio Possumus. No acto estiveron presentes tres autoridades en educación e ciencia, foron: o Xerente de Espazocoop, Tino Gago Conde; o Director da Escola de Enxeñaría Industrial da Universidade de Vigo, D. Juan Enrique Pardo Froján e o Presidente do Instituto de Cultura, Ciencia e Tecnoloxía (ICCT), D. José Luis Vázquez López.

Estiveron presentes os representantes dos colexios participantes no Foro e tras as ponencias dos escolares, a tarde rematou cun Obradoiro sobre Incendios Forestais dirixido por Antón Lois Estévez, Secretario da asociación "Teixugo", empresa cooperativa con máis de 20 anos de experiencia enfocada no ámbito da educación ambiental e a xestión de proxectos ambientais. 

Os días 22, 23 e 24 de novembro, terá lugar o VIII Foro Intercomunitario de Investigación Xuvenil, na Escola de Enxeñeiría Industrial da Universidade de Vigo, na rúa Conde de Torrecedeira 86, Vigo.

A iniciativa está promovida polo Colexio Alborada – Claimo s. coop. galega  de Vigo e o Institut El Cairat de Barcelona, e colaboran na organización o Instituto Cultura Ciencia e Tecnoloxía (ICCT) e a Unión de Cooperativas EspazoCoop. 

Contará coa participación de máis de 70 escolares, pertencentes a 9 centros de ensino de Galicia e Cataluña, dos cales 3 son colexios cooperativos asociados á Unión de Cooperativas EspazoCoop, participan os centros:

  • Colexio Alborada – Claimo S. Coop. Galega | Vigo – Pontevedra

  • Colexio Santiago Apóstol S. Coop. Galega | Soutomaior – A Coruña

  • Colexio Possumus S. Coop. Galega | Vigo – Pontevedra

  • Institut el Cairat | Esparreguera – Barcelona

  • IES David Buján | Cambre – A Coruña

  • IES Ortigueira | Ortigueira – A Coruña

  • Escola Bertran | Sabadell – Barcelona

  • CPR Uxío Novoneyra | Seoane do Courel – Lugo

  • IES Ramón María Aller Ulloa | Lalín – Pontevedra

O día 23 ás 12:15, cinco representantes de 1º ESO exponrán e defenderán un proxecto científico ante un público repleto de estudantes. A súa investigación leva por título: "Influencia de la vegetación en la humedad y pH del suelo". O evento estará aberto a todos aqueles que teñades interese polo coñecemento. 

 

Vémonos alí!

XADREZ EN SECUNDARIA

Os alumnos de Secundaria recibiron o pasado 30 de outubro unha clase maxistral das mans de Miguel A.Fernández-Martínez quen transmitiu todos eses beneficios educacionais e psicolóxicos que aporta este gran xogo.

Na adolescencia o xadrez é un magnífico instrumento para desenvolver a sociabilidade e o control das emocións. Coa práctica do xadrez os nosos alumnos manteñen  a mente activa e aumentan a súa capacidade de aprender.

FESTA SAMAÍN

O pasado 31 de outubro tivo lugar no Centro, a Festa do Samaín, Festa organizada polo alumnado de 3º e 4º da ESO e coa colaboración da ANPA, tendo como fin, recadar fondos para a excursión de fin de curso.

Foi unha velada terrorífica na que non faltaron os vampiros, zombis e outras personaxes de tal índole. Mesmo contamos cunha pequena cabaza ... Tanto os pais/nais como o alumnado puido pasar un tarde agradable bailando e participando en concursos (como o da risa máis terrorífica!).

Afortunadamente, a choiva concedeunos unha tregua e a festa discorreu sen ningún contratempo!

PRIMEIROS DÍAS DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Para lograr una formación plena do alumnado, no noso centro incluímos unha gran variedade de actividades educativas e de ocio fóra da xornada escolar.

Estes primeiros días puidemos ver aos alumnos ilusionados, coa mellor actitude é sobre todo con moitísimas ganas de aprender e divertirse en actividades coma debuxo técnico, guitarra, patinaxe, xadrez, robótica, baile e moitas máis.

Non esquezamos que o correcto aproveitamento do tempo libre é sumamente importante de cara a enriquecer a educación dos nosos fillos.

ANTONIO ROSALES EN EMPRENDEDORES.ES

Antonio Rosales, participou na primeira charla de EMPRENDEDORES.ES celebrada o 26 de outubro na aula de 4º da ESO. Antonio Rosales rexenta a tapicería que leva o seu nome e que foi sempre unha empresa familiar que ten a súa orixe alá polo 1909. 

Durante a charla, aberta a todo o público, Antonio explicou o importante que é a financiación nunha empresa e sobre todo o feito de que a xornada laboral non se limita a cumprir as 8 horas estipuladas.

Temos ademais que lembrar, que o curso pasado, Antonio Rosales foi entrevistado polos xornalistas de 5º de Primaria e o artigo puxo o broche final ao exemplar do Faro da Escola do Colexio Possumus (que resultou gañador nesa III Edición). Aquí vos deixamos a entrevista íntegra publicada no Faro da Escola do 29 de maio de 2018.  

Entrevista Antonio Rosales - FARO DA ESCOLA.

CONVIVENCIA 1º Y 2º DE PRIMARIA

O alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria pasou a noito do 26 de outubro no colexio coas súas mestras. A xornada empezou con xogos nos patios, e xa despois da merecida comida, puideron pasar unha noite de cine no ximnasio do Centro, con pantalla panorámica e xa acomodados nos seus sacos de durmir!

 

Unha xornada  inesquecible para establecer vínculos e traballar a autonomía personal, fomentando a autonomía, o compañeirismo, a colaboración e a socialización do alumnado.

 

O punto e final tivo lugar tras un bo almorzo. Deixarían algo atrás???? 

CONVIVENCIA E BAUTISMO DE SURF

O venres 19 de outubro, o alumnado de 5º e 6º de primaria acompañados polas súas titoras viveron unha xornada de convivencia escolar, a fin de fomentar valores e establecer lazos entre o alumnado.

A xornada comezou arredor das catro e os alumnos/as poideron mergullarse no mar acompañados por monitores durante o seu bautismo de surf. Toda unha experiencia.

Despois dunha tarde moi movida e de moito exercicio, unha boa comida e unha festa "Hawaiana" para rematar a xornada. Durmir... sabemos que non durmiron moito, pero a experiencia, inolvidable!

Parabéns a todos pola boa actitude!

PRIORIDADE VI_T_AL

O xoves 18 de outubro, a Policia Local do Concello de Vigo achegouse a aula de 4º da ESO para realizar unha charla sobre Educación Vial. O obxectivo é concienciar aos mozos sobre a importancia dunha boa actitude como  peón e como futuros condutores. 

Ademais de facer fincapé no respecto da sinais, avaliaron as causas máis frecuentes implicadas nos accidentes de tráfico e sobre todo, puideron comprobar como conducir baixo os efectos do alcool reduce significativamente o tempo de reacción no condutor e polo tanto aumenta a distancia de frenado.

 

 Apostamos por unha Educación Integral dos mozos e mozas!

NOITE DE CONVIVENCIA

O 5 de outubro, o alumnado de 3º e 4º de EP xunto cos seus titores viviron unha marabillosa xornada de Convivencia no Centro. 

Xa pola tarde o alumnado puido xogar no patio para quentar motores, xa que o día (e sobre todo a noite) parecía presentarse longa!

Todo saíu seguindo o previsto, e os alumnos e alumnas despois da cea metéronse nos seus sacos de durmir e alí continuaron coa diversión. Pouco a pouco foron caíndo e pola mañá nada mellor que un bo almorzo para repoñer as forzas!

En breve, 5º e 6º terán tamén o seu día!

X CERTAME INTERCOLEXIAL DE DANZA MODERNA

Colexio Possumus volve a conseguir un novo éxito no X Certame Intercolexial de Baile Moderno celebrado o 10 de Xuño no Teatro Salesianos de Vigo no que participaron tamén os seguientes colexios: San José de La Guía, Montesol, Chouzo, Rosalía de Castro, Calasancias e Laredo.

O premio é unha recompensa ao traballo en equipo do alumnado do colexio que participa nesta actividade, arredor de 60 nenos e nenas de edades moi dispares. 

Dende o colexio felicitamos (outro ano máis) a:

  • todo o equipo de rapaces e rapazas que "viven o baile" ao longo de todo o curso escolar,

  • á ANPA do Colexio pola marabillosa planificación e organización do evento, e

  • por suposto, á persoa que coa súa entrega, disciplina e seriedade consegue motivar aos alumnos/as e sorprendernos ano tras ano coas súas marabillosas coreografías, a inigualable Sara Pío.        

                    GRAZAS OUTRA VEZ "PROFE" SARA!!!

MARÍA CANOSA VISITA O NOSO CENTRO

María Canosa, natural de Cee visitou o noso Centro o pasado 18 de maio para falar de tres das súas moitas obras: "Rubicundo", "A cazadora de estrelas" e "Muriel" (este último premio Merlín de literatura infantil 2017). 

A escritora fixo as delicias do alumnado de primaria (de 3º, 4º e 6º), que escoitou con entusiasmo as anécdotas de esta escritora. Ademais, manifestou a normalidade que foi sempre para ela o feito de escribir, xa que é filla da escritora Concha Blanco. E xa de pequena creaba algúns escritos e poemas. 

NANOMEDICINA: REALIDADE OU FICCIÓN?

Baixo o Proxecto EduMOTIVAcon, África González, Doctora en Medicina e Cirurxía e especialista na área de Inmunoloxía, achegouse o mércores 16 de maio ao noso centro para introducir ao alumnado de 3º e 4º da ESO no mundo da nanotecnoloxía e a súa apliación práctica no sector da medicina.
 

Os nanomateriais son elementos moi moi pequenos (de tamaño nano), con propiedades especiais, e estánselles atopando miles de aplicacións diferentes. Unha delas é no campo médico, onde quere aplicarse a novos métodos de diagnose, imaxe e terapia. Pero, estamos xa ante unha realidade, ou a nanomedicina é máis unha ciencia ficción?


África, é ademais presidenta da Sociedade Española de Inmunoloxía e directora do Centro de Investigacións Biomédicas (CINBIO) da Universidade de Vigo. É un referente a nivel nacional e internacional en Inmunoloxía básica e aplicada; o seu traballo actual céntrase en desenvolver unha vacina para tuberculose, así como en Nanomedicina e estudo da toxicidade de nanomateriais. Traballou co Dr. César Milstein (premio Nobel pola tecnoloxía dos anticorpos monoclonais) en Cambridge pero finalmente decantouse por realizar a súa labor de investigación na nosa cidade, creando o único grupo de traballo sobre a aplicación da nanotecnoloxía en inmunoloxía existente en Galicia. Recentemente foi nomeada "muller innovadora" a nivel europeo por promover a empresa NanoImmunoTech.

África, de xeito moi ameno e participativo amosou unha visión descoñecida sobre a nanotecnoloxía e como esta pode mellorar a calidade de vida nas persoas. Ademáis instou ao alumnado a dirixir o seu propio rumbo na vida deixando atrás as pedras que poden aparecer nos zapatos e que nos frean á hora de tomar decisións. 

EXCURSIÓN EN CONTACTO COA NATUREZA

3º e 4º da ESO viviron unha semana de emocións na súa excursión de fin de curso nun Campamento en Silleda. Establecidos, en Fervenzaventura en Silleda, e desde onde irían ao Mosteiro de Caboeiro, A Fervenza do Toxa e un sinfín de actividades como tiro con arco, roteiros de sendeirismo e unha amplo programa de actividades en plena natureza, esto sí e ser verdes!

 

Virían coas pilas cargadas?

FESTA DOS MAIOS

O venres 11, o colexio realizou o seu tradicional Maio, que este ano participará na Festa Tradicional de San Isidro que se celebrará o domingo no Parque da Riouxa.

 

Seguindo o proxecto de reciclaxe no que está inmerso todo o centro, algunhas das flores que adornaban o maio eran de periódico, así como o identificativo do centro feito de tapóns de plástico. 

Bo traballo!

UN DÍA NO ZOO

1º e 2º de Primaria pasaron unha xornada no Zoo de Vigo. Aprenderon moitas curiosidades dos animais que alí viven, e sempre tratando de inculcar o respecto pola natureza e a protección cara os seres vivos.

A visita rematou cunha merendola nas instalacións do Zoo, e con reflexións acerca da lectura que están a facer estes cursos na aula. "Feliz Feroz".

Seremos quen de romper os estereotipos que pesan sobre algúns animais?

VISITA Á FUNDACIÓN SALES

Enmarcado dentro do proxecto de centro "POSSUMUS VIRIDIS" ("Somos Verdes") o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria visitou o xoves 10 de maio a Fundación Sales. 

 

A Fundación Sales, conta cunha gran variedade de plantas silvestres e cultivadas, moitas delas de remota procedencia. A maior parte dos materiais que se empregaron para construíla foron conseguidos en derribos ou proceden de doacións de elementos en desuso. Aproveitando a ocasión para observar "in situ" o que se pode facer con material en desuso, dándolle unha nova e fermosa vida!

O alumnado prantou leitugas, visitou ao avó carballo e quedaron abraiados co Ginkgo biloba, unha árbore que existía en plena época dos dinosauros. 

Grazas a esta e outras actividades como ela, o noso alumnado xa pensa en verde!

CINENSINO 2018

1º e 2º da ESO, participaba nunha nova edición de Cinensino o pasado martes 8 de maio, co visionado da película "El Profesor de Violín".

O argumento está basado nunha historia real: un violinista dá clases de música a adolescentes dunha escola pública en Heliópolis, un barrio dunha zona deprimida de São Paulo, tras ser rexeitado na prestixiosa Orquestra Sinfónica do Estado. A historia real, permitiu a inclusión social e cultural dos mozos na maior favela de Brasil.

Toda unha historia para reflexionar e traballar co alumnado.

III ENCONTRO COS AVÓS

Martín Silva (Campelameiro, 1941) e Celia Díaz (Redondela, 1940) foron os dous avós que protagonizaron o "III Encontro cos Avós" da Aula Aberta de Historia para 4º de ESO o pasado venres 4 de maio.


Falaron da postguerra e da fame que pasaron, de ter que emigrar para poder comer. Tamén lembraron os anos da Transición e da reconversión naval. Un ano máis, unha cita tan excepcional como entrañable para que o alumnado palpara a Historia viva e recente de España a través dos seus, e tamén de poñer en valor os afectos que os unen aos seus maiores.

Moitas grazas aos avós por facer posible estas clases de Historia!!!

NO ALPINISMO, COMO NA VIDA, É IMPORTANTE NON RENDIRSE

Chus Lago, alpinista, escritora e nestes momentos Concelleira de Medio Ambiente en Vigo, visitou o xoves 3 de maio o Centro para demostrar ao alumnado de 5º y 6º de Educación Primaria que "querer é poder", que os logros consíguense a base de insistencia, e que unha derrota é unha oportunidade para erguerse e intentalo de novo.


Con imaxes e vídeos das súas expedicións, Chus conectou co noso proxecto "SOMOS VERDES" alertando ao alumnado sobre o desxeo que están a sufrir os casquetes polares e como repercute o quencemento global na migración dos animais.


Chus advirte: "protexer o xeo significa protexernos a nós mesmos". Ademais, explicou como el e dúas colaboradoras viaxarán en breve a zonas polares no "seu compromiso coa Terra".

DE RUTA POLO COUREL

O alumnado de 1º e 2º de ESO do Colexio POSSUMUS pasa dous intensos días (xoves e venres) na natureza, acompañados das súas titoras. A viaxe, ten como obxectivo a convivencia do alumnado e mais o profesorasdo.

 

Este ano, con motivo do proxecto de centro "Somos Verdes" a excursión leva ao alumnado a coñecer o Courel, con visita en plena ruta ao Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa en San Cibrao de Las (Ourense) e cunha xincana de xogos. 

ESTUDANDO A PERMEABILIDADE DOS SOLOS

A Ciencia no colexio ten que estar a orde do día. O alumnado de 3º da ESO realizaba unha práctica dirixida por Marta Darriba (alumna en prácticas externas da UVIGO). A práctica tiña como obxectivo medir a retención de auga de diferentes tipos de substratos (arxila, grava, area fina, humus, etc.).

 

Cos datos obtidos, o alumnado tivo que concluir e debatir sobre que tipo de solo é o máis adecuado para realizar charcas naturais ou cal sería o máis adecuado para adicar a cultivos en función da idoneidade ou non para reter auga que ten cada tipo.

XORNADAS DE AUDICIÓN E LINGUAXE EN EDUCACIÓN PRIMARIA

Do 9 ao 13 de abril os alumnos/as de Educación Primaria recibiron unha sesión por curso de Audición e Linguaxe (A.L.).

A especialista de A.L. do cole achegou aos nenos e nenas o labor que se realiza nesta aula. A través de diferentes actividades traballaron a atención (de 1º a 6º), buscando obxetos agochados nunha lámina, o vocabulario (de 2º a 6º) con diferentes xogos (bingo, tuti-fruti, scatergoris, pasapalabra e co spiner) e o sopro (cos de 1º).

Unhas xornadas para aprender xogando

ALUMNOS DO COLEXIO NO I OPEN CHESS

12 alumnos do Centro participaron no I Open Chess celebrado ao longo da mañá do xoves 22 de marzo no Colexio Montecastelo de Vigo. 11 xogadores de 3º a 6º de Educación Primaria e un árbitro-colaborador de 3º da ESO pasaron unha velada con outros 300 alumnos de diferentes colexios de vigo (Montecastelo, As Acacias, Don Bosco e Monterrey).

Unha xornada de diversión e compañeirismo onde o importante foi pasalo ben e compartir experiencias con outros alumnos/as.

 

Un éxito rotundo da organización, parabéns!

AUDICIÓN DE GUITARRA NO COLEXIO POSSUMUS

O venres 16 de marzo ás 16:30 horas tivo lugar unha audición de guitarra baixo a batuta do profesor de guitarra Fran Brea e co alumnado desta actividade tan exitosa.

A audición estivo aberta a todos os familiares que quixeron escoitar en directo a estes novos guitarristas.

O espectáculo onde soaron as cancións de: Taburete (Sirenas), Ben E.King (Stand by me) e Los Ronaldos (No puedo vivir sin ti) foi un éxito rotundo. 

Repetiremos para aqueles que non puideron asistir.

PROGRAMA DE PREVENCIÓN DO CONSUMO DE DROGAS

Os alumnos de 6º curso de primaria remataron as catro xornadas das que conSta o Programa de Prevención de Drogodependencias do Concello de Vigo.

Ao longo das 4 xornadas, os alumnos recibiron información sobre esta grave enfermidade social, co fin de previr no alumnado este tipo de condutas. A través de profesionais, o alumnado recibiu información sobre os tipos de drogas e das circunstancias que fan que unha persoa acabe consumindo.

Un exercicio de información e reflexión para non caer nelas!

OBRADOIRO DE TÉCNICAS DE ESTUDO

Sabemos realmente o que son as técnicas de estudo?, axudamos aos nosos fillos ou estamos dándolle todo feito? Sabemos os pasos que debe serguir un estudo para ser eficaz? Estas e outras preguntas foron respondidas pola coach en Técnicas de Estudo, Iria Domínguez García ao longo de case dúas horas na tarde do martes 13 de marzo.

A charla-obradoiro estivo dirixida a familias e organizada pola ANPA do Colexio Possumus a través de SURGAPA. Lecturas, subliñado e un bo esquema son  as bases de partida para un bo estudo, xunto cunha organización dos tempos de estudo e o consello de non deixar todo para o último día!

BAUTISMO PERIODÍSTICO NO MAR DE VIGO

Os alumnos de 5º de primaria recibiron o seu bautismo periodístico no Auditorio Mar de Vigo o luns 12 de marzo. Dúas representantes da clase, entrevistaron a Celia Freijeiro e a David Amor nunha xornada cargada de emotividade polo desenlace da desaparición de Gabriel Cruz. Os 1400 alumnos, reunidos no auditorio, puxéronse en pé e aplaudiron con forza pola súa memoria.

Unha alumna do Centro foi seleccionada para actuar de fotógrafa durante toda a gala, baixo as directrices do fotógrafo do Faro. O evento rematou con todo o auditoro bailando o "Swish Swish", baile moi en auxe entre os mozos/as.

Unha xornada moi motivadora e enriquecedora para todos!

OBRADOIRO DE EDUCACIÓN AFECTIVO-SEXUAL

O pasado xoves 8 de marzo, e coincidindo co Día Internacional da Muller, o noso Centro acolleu un obradoiro sobre EDUCACIÓN AFECTIVO-SEXUAL, dirixido ao alumnado de 2º e 3º de ESO, e que foi impartido por unha sexóloga dentro do programa QUÉROTE+. O obxectivo, que os adolescentes poidan acceder a unha información fiable e veraz naquelas áreas nas que se poida aportar un maior entendemento social, contribuindo a facilitar así o crecemento persoal dos alumnos/as.

XORNADA DE CIBERSEGURIDADE

O martes 6 de marzo, o Centro viviu unha xornada de Ciberseguridade na que formadores do Instituto Nacional de Ciberseguridade impartiron charlas formativas ao alumnado de 6º de Educación Primaria e 1º da ESO, e pola tarde, o profesorado tamén participou nun obradoiro sobre Ciberseguridade.

O obxectivo desta xornada foi formar e concienciar sobre o uso seguro e responsable da rede e das novas tecnoloxías. 

EXPOSICIÓN LEONARDO DA VINCI

O martes 6 de marzo, os alumnos de 2º e 3º da ESO tiveron a oportunidade de admirar as obras de arte e inventos máis emblemáticos de Leonardo Da Vinci. Sin dúbida unha gran exposición con réplicas estupendas dos cadros máis representativos do pintor: "A Gioconda" ou a "A Última Cea" ou "O Home de Vitrubio". Ademais a exposición conta con unha serie de maquetas de moitos dos seus inventos.

DIVERCIENCIAS CHEGA AO SEU FIN DESPOIS DE SEIS SEMANAS DE ENRIQUECEMENTO

O programa DIVERCIENCIAS rematou o pasado venres 2 de marzo, despois de seis semanas onde de xeito moi divertido o alumnado de todo o centro tivo a ocasión de aprender con gusto e ensinar con gusto. Os alumnos/as da ESO transformáronse en verdadeiros científicos que dirixiron e explicaron as actividades a todos os cursos de infantil e de primaria. 

As experiencias, de matemáticas, ciencias da terra, bioloxía, tecnoloxía, física e química resultaron do agrado de todos/as, que despediron o programa ata o vindeiro curso... con moito pesar. 

O proxecto logra transmitir o gusto polas ciencias e por querer saber máis! E o máis importante, os protagonistas son eles/as!!!

Vémonos na terceira edición!!!

A VIAXE DE INFANTIL A ITALIA E AS SÚAS COSTUMES

Os alumnos de 4 anos de infantil están a realizar un proxecto sobre Venecia, e como non, para adentrarse nas costumes de Italia, nada mellor que preparar unha riquísima pizza. Así pois, o pasado venres 2 de marzo, e seguindo as suxerencias da "chef", os cativos/as puxéronse máns á masa e confeccionaron diferentes tipos de pizza. Finalmente deron boa conta dela... e a xulgar polo aroma que saía da aula, e polo pouco que sobrou, debía de estar ben boa!!!

O IES A GUÍA ABRE AS SÚAS PORTAS AO POSSUMUS

Os alumnos de 4º da ESO, acompañados pola Orientadora do Centro acodiron á xornada de portas abertas do IES A Guía o pasado 28 de febreiro. Alí o alumnado foi recibido cos brazos abertos e tiveron a ocasión de ver a un antigo alumno do noso Centro qlue lles explicou a normativa do Instituto. Tiveron a oportunidade de recibir unha charla orientativa e ademais percorreron o centro (laboratorio, aulas, biblioteca...) ao mesmo tempo que lles explicaban a organización e funcionamento do mesmo.

Esta visita é unha das actividades que o noso centro desenvolve, xunto con diferentes charlas do Departamento de Orientación, para facilitar a elección que o alumnado terá que realizar en breve. 

Outra xeración que remata os estudos no noso Centro!!!

XORNADA DE ALIMENTACIÓN SAUDABLE NO POSSUMUS

Vegalsa, patrocinador do Faro da Escola achegouse hoxe, mércores 28, ao noso colexio para, de mans de Osiris Vargas (cociñeira profesional) entender que a comida sa non está reñida co gusto. 

Os alumnos/as de 5º de primaria viviron unha xornada de aprendizaxe, onde ademais de elaborar unha deliciosa  tartaleta de froitas tamén recibiron unhas pautas básicas para levar unha dieta saudable.

Bo proveito!!!

LEMBRANDO A ROSALÍA DE CASTRO

O 24 de febreiro celébrase o día de Rosalía de Castro, con tal motivo o Colexio Possumus sumouse a esta merecida homenaxe coa lectura de poemas por parte dos alumnos/as de 4º E.S.O. Os máis pequenos de primaria empapáronse da poesía desta gran autora galega.

EDUCACIÓN VIAL NO CASTRO

O pasado venres 23 de febreiro, o alumnado de  6º de Eduación Primaria recibiron unha clase práctica de educación vial impartida por axentes da Policía Local. 

Esta actividade e a segunda fase do programa de Educación Vial levado a cabo durante dous cursos. Montados nas bicis, os alumnos/as tiveron que seguir o circuito marcado respectando as normas de tráfico.

Coa concienciación sobre a importancia da seguridade vial gañamos todos!

O SEGREDO DAS ÁRBORES

Os alumnos de 1º e 2º de primaria achegáronse o martes 21 de febreiro á sede NATURNOVA para coñecer "o segredo das árbores", actividade centrada na importacia das árbores nos ecositemas galegos. Ademais de coñecer a diferenza entre autóctono e alóctono, o alumnado foi quen de situar nun globo do mundo diferentes animais para logo relacionalos con algunha árbore segundo a alimentación, se a empregan de vivenda, etc.  

Tamén fixeron fincapé na importancia de coidar o entorno e sobre todo os nosos bosques, ensinadolles a recoñecer as follas das nosas árbores. 

O PALLASO POPÍN NO COLEXIO POSSUMUS

Nada mellor que un obradoiro de risoterapia co auténtico "Pallaso Popín". O venres 16 de febreiro de 18:00 a 19:00, os máis pequenos/as da casas pasaron unha tarde divertida coas ocorrencias deste magnífico pallaso. 

A asistencia gratuíta incluía nenos/as menores de 8 anos acompañados polos seus pais/nais. Un espectáculo cheo de humor e dirixido polo auténtico Popín, que fixo as delicias dos pequenos/as e tamén dos maiores, con grande dose de improvisación e co seu toque característico.

Grazas a todos os participantes!! Foi un marabilloso espectáculo!!

O MONTE VIVO

O alumnado de 5º e 6º de primaria, recibiron durante o xoves 15 e o venres 16 de febreiro respectivamente, unhas charlas organizadas por SEPRONA sobre os nosos montes. As charlas, tratan de dar a coñecer ao alumnado a importancia que ten o monte para o ser humano, e o importante que é manter a biodiversidade que nel habita. Foi inevitable tocar o tema dos incendios forestais, tratando de transmitir ao alumnado as consecuencias devastadoras do lume e concienciando sobre o coidado do monte. 

Espero que con estas charlas, entendamos todos o importante que é coidar da natureza e todo o que ela nos proporciona!!!

FINANZAS PARA MORTAIS

Actividade dinámica dirixida ao alumnado de 3º e 4º de ESO. O evento realizarase en dous xoves consecutivos, o día 8 de febreiro e o xoves 15. Tratábase dun obradoiro impartido por un experto en finanzas e que ten como obxectivo principal que os adolescentes tomen conciencia sobre o consumismo imperante e a importancia de economizar nas súas vidas. Porque ECONOMIZAR é tamén un xeito de EDUCAR. 

Ademais de tratar de consumismo e aforro, os alumnos coñeceran os conceptos básicos da banca actual, código IBAN, CCC, depósitos, hipotecas, etc...

Para tomar nota!!!

ECO-ENTROIDO NO COLEXIO

O pasado venres 9  Colexio Possumus celebrou o seu ECO-ENTROIDO, un entroido moi ecolóxico, que tivo como obxectivo central a reciclaxe. Tanto o alumnado do centro, como o profesorado e as familias demostraron que con poucos cartos e moita imaxinación podemos crear disfraces moi variados con materias primas recicladas,  e que contribúen ao mesmo tempo á conservación do medio ambiente: SOMOS VERDES.

Houbo disfraces moi orixinais e creativos, feitos con cartóns, bolsas de lixo ou bolsas comerciais, globos, chapas, etc... mesmo puidemos ver algún pequeno detalle como uñas feitas con papel de xornal!

Foi un día de moito baile e diversión, e a media mañá o alumnado tivo a ocasión de degustar todo tipo de doces típicos do entroido, orellas, filloas e bicas.

ANA ALCOLEA DE NOVO NO COLEXIO POSSUMUS

Ana Alcolea, autora do libro "El abrazo del árbol", sorprendeu ao alumnado de 2º de Educación Primaria coas historias que se esconden tras o fermoso libro que os cativos leron como Proxecto Lector do Curso. Ao longo do encontro o martes 6 de febreiro, falaron sobre árbores, sobre a procedencia dos nomes dos protagonistas do libro, algúns dos cales derivan de grandes Óperas da nosa historia.

 

Ana, con gran familiaridade respostou a cada unha das preguntas e inquedanzas dos alumnos/as, que esperaban impacientes as tan orixinais respostas. Sen dúbida, un encontro fermoso para quitar os medos!!!

Dúas alumnas de 5º de EP entrevisaron á escritora como parte do Proxecto Faro da Escola.

II TORNEO DE XADREZ NO COLEXIO POSSUMUS

Outro ano máis, o Colexio Possumus, convocou aos xogadores de xadrez de diferentes niveis e categorías a enfrentarse nun torneo onde o saber estar e o compañeirismo estiveron presentes en todo momento. O Torneo celebrouse o sábado 3 de febreiro entre as 11:00 e as 13:30 horas.

No Torneo establecéronse tres categorías: Pais e nais, Educación Secundaria e Educación Primaria. Durante o mesmo as partidas tiveron unha duración de 15 minutos tras os cales o programa emparellaba aos xogadores segundo as victorias e derrotas obtidas.

Foi unha mañá de bo xogo e entusiasmo por parte dos "contrincantes" e todos eles recibiron un merecido premio ao seu esforzo e talento. 

Como xa sabemos todos, o Xadrez non contempla perdedores, TODOS GAÑAN!!!

Grazas a todos os participantes por facer posible o Torneo, vémonos no III Torneo no 2019!!!

SOGAMA ABRE AS SÚAS PORTAS AO COLEXIO POSSUMUS

O mércores 31 de xaneiro, os alumnos de 5º e 6º de primaria tiveron a oportunidade de coñecer de primeira man o proceso de reciclado do plástico e a materia orgánica na Planta de Reciclaxe de SOGAMA en Cerceda (A Coruña). 

A viaxe pagou a pena pese a que houbo que solventar algunhas pequenas incidencias polo camiño. Afortunadamente nada grave ... Pese a todo, o día acompañounos e realizaron unha exploración pola planta, eso sí, ataviados cos equipos de protección correspondentes, e soportando un cheiro un tanto desagradable! Houbo incluso quen o pasou francamente mal por este motivo.

Esta actividade está incluída dentro do Proxecto de Centro, Possumus viridis: Somos Verdes, e o que está claro é que durante a mesma dous monitores explicaron o funcionamento da Central así como a gran labor que facemos de xeito indidual nas nosas casas ao separar o lixo nos seus correspondentes contedores.

SOMOS VERDES!

ÁLEX ALONSO DO INSTITUTO DE INVESTIGACIÓNS MARIÑAS VISITA O NOSO CENTRO

Alexandre Alonso, licenciado en Ciencias do Mar pola Universidade de Vigo, traballa no Instituto de Investigacións Mariñas (CSIC) de Vigo. 

O luns 18 de decembro e nunha actividade promovida por Faro da Escola, Alexandre realizou tres charlas aos grupos de 4º e 5º de primaria e 4º da ESO. A charla adaptouse aos diferentes grupos educativos e o alumnado estivo atento en todo momento ás explicacións sobre a bioloxía mariña, medidas de crecemento dos peixes, formas de marcaxe, mandíbulas de tabeiróns, mamíferos mariños e outras curiosidades do medio mariño. Para eles as sesións chegaron a pouco, posto que as preguntas e anécdotas eran moitas. 

Grazas a estas charlas, o alumnado viviu de preto o traballo dun investigador nesta rama da ciencia, e todos tiveron claro que os científicos non deixan nunca de estudar e aprender, e que neste mundo o inglés e unha lingua imprescindible.

Moitas grazas a Alexandre pola súa entrega e ao Faro da Escola por estas iniciativas!

ESLOGAN DOS ALUMNOS DE 1º ESO NAS RADIOS LOCAIS

Equipo de Prevención de drogodependencias do Concello de Vigo, deseñou unha campaña informativa e sensibilizadora para difundir, comunicar e transmitir os eslogans gañadores do  "I Concurso de eslogans por un lecer saudable", onde participaron os alumnos de 6º de primaria do curso 2016-2017 que agora están en 1º de ESO.

Neste marco de actuación, vanse emitir cuñas cos eslogans gañadores nas seguintes emisoras locais de radio: Los 40 principales (99.4) , Cadena SER (100.6 FM, 10026 AM), Europa FM (88.7), Kiss FM ( 94.0 ), Cadena 100 ( 89.6) os días  20, 21, 22, 26 e 27 de decembro. En cada unha destas datas, ao longo do día,  emitirase nunha soa vez cada un dos 9 eslogans gañadores do devandito concurso.

Parabéns aos nosos premiados (do actual curso de 1º ESO).

RECÍCLATE CON SOGAMA E AS 3R

Hoxe, 12 de decembro, dúas expertas en reciclaxe ensinaron a unha representación de alumnos de todos os cursos de primaria o significado das 3R (Reducir, Reutilizar e Reciclar). De xeito moi gráfico explicaron a importancia da reciclaxe para o medio ambiente, e que tipo de lixo podemos botar nos diferentes contedores así como da existencia de puntos limpos para aquel lixo especial.

 

Os alumnos participaron activamente e incluso tomaron anotacións sobre o proceso de compostaxe e que tipo de material se pode vaciar no composteiro. Agora somentes lles queda expoñer todo o aprendido aos copañeiros das súas respectivas clases. 

ENCONTRO LITERARIO CON FRAN ALONSO

Fran Alonso, escritor e poeta vigués visitará o vindeiro martes 5 de decembro o noso colexio grazas ao Proxecto Faro da Escola.

 

O alumnado de 3º, 4º e 5º de Educación Primaria coñecerá da súa man o seu libro o meu gato é un poeta, libro que transmite a poesía dun xeito divertido e, sobre todo, accesible para os lectores e lectoras. O meu gato é un poeta bota man da fusión de xéneros literarios a través da reflexión, da poesía visual, dos xogos de palabras, da interacción, dos caligramas, da narración, da música, das novas tecnoloxías para conseguir unha proposta poética fresca e divertida. 

Será toda unha experiencia para os nosos alumnos.

A MOCIDADE VIGUESA NA ONDA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O venres 24 de novembro, como conmemoración do día en Contra da Violencia de Xénero, os alumnos de 4º da ESO participaron no evento ENLAZA VIGO. Debido as inclemencias do tempo, esta "manifestación" tivo lugar no Pabillón das Travesas. Alí acodiron un 2000 alumnos/as de diferentes centros escolares vigueses, entre os cales estaba O Colexio Possumus.

 

Durante o evento, houbo actuacións e gritáron consignas como:

  • porque as mulleres teñen o mesmo dereito os homes. 

  • Porque non son menos, senón sinxelamente iguais.

  • e, porque quen non forma parte da solución, forma parte do problema

Alí, estaba tamén exposto o cartel que os alumnos de 4º da ESO fixeron para conmemorar tal día.

TI TAMÉN CONTAS: A TROPA DE TRAPO

O alumnado de 3º e 4º de ESO do Colexio participaba este pasado mércores, 15 de novembro, no programa "TI TAMÉN CONTAS" promovido polo Concello de Vigo en pro da igualdade de xéneros. Foi no Auditorio do Concello da man da compañía TROPA DE TRAPO que puxo en escea un contacontos, que aunaba humor e sensibilidade, con dÚas historias: a das avóas de Torneiros que querían aprender a andar en bicicleta (e que narraba con humor Brais das Hortas) e a de Leymah Roberta Gbowee e Ellen Johnson-Sirleaf, activistas liberianas que, xunto co movemento de mulleres deste país, lograron parar a guerra interna enquistada desde facía anos neste país africano, motivo polo cal foron galardonadas con Nobel da Paz, (narrada, nesta ocasión con doses de emoción, por Marta Ortiz, con música de guitarra en directo). Historias de superación, loitas e soños protagonizadas por mulleres que moveron conciencias. 

 

Logo, momento para a interectuación a xeito de xogo co alumnado e tamén un guiño para o "teatro do oprimido" na procura de solucións, dunha reflexión e unha mensaxe: todavía cabe seguir loitando pola igualdade da muller, á par que desterrar falsos mitos discriminatorios. Para logralo, entendemos, toca traballar coas novas xeracións. E por isto apostamos.

FESTA DE SAMAÍN 2017

Os alumnos de 3º e 4º da ESO xunto co profesorado do Colexio e a ANPA están organizando unha gran festa do Samaín para o vindeiro martes 31 de outubro. A festa estará aberta a todo o alumnado do Centro en horario de 17:30 a 19:30 horas. Para poder asistir é imprescindible anotarse na ANPA e pagar unha cuota (por familia) de 1 euro para os socios da ANPA e de 2 euros para os non socios.

Non vos perdades esta terrorífica tarde na que teremos música, disfraces, mercadillos e moitas outras esperpénticas emocións... 

TODO O RECADADO NOS MERCADILLOS E COAS ENTRADAS SERÁ DESTINADO A SUBVENCIONAR A EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO DO ALUMNADO DE 3º E 4º DA ESO.

                                     GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!!

PROGRAMA DE EDUCACIÓN FINANCIEIRA: "LABERINTO"

Seguindo co Programa de Educación Financieira de ABANCA, os alumnos de 4º, 5º e 6º de primaria acodiron como público ao Teatro  AFundación  o mércores 25 de outubro. A obra "Laberinto" ensinoulles que o camiño máis sinxelo non é sempre o que axuda a sair do labirinto. Para sair sempre precisamos contar con algo que nos guíe pola vida: os amigos, a familia ou a escola son esos fíos que nos fan atopar a saída aos problemas.

Daniel sabe que na súa casa non sobran os cartos pero, por que non pode ter un Iphone como os seus amigos? ou unnas Nike Air Zoom Pegasus 34? ou ir a esquiar? A él lle gostaría deixar os estudos e traballar para poder comprar o que quixera.

Unhas boas reflexións sobre a sociedade actual, o consumismo e as relacións coa familia e os amigos.

CONECTAMOS BEN?

O pasado luns, 23 de outubro, o alumnado de 4º de ESO do Colexio POSSUMUS participou na actividade CONECTAMOS BEN?, organizada polo Concello de Vigo. Acompañados polos seus mestres, os alumnos desprazáronse en autobús ata o Auditorio do Concello, onde a psicóloga Ianire Estébanez departeu de xeito ameno, e ata coloquial, sobre os compoñentes e roles machistas entre a mocidade. O mundo da Internet, as redes sociais e a publicidade centrou boa parte do encontro. A actividade rematou cun coloquio no que o alumnado puido opinar e preguntar á poñente. Sen dúbida, un xeito de espertar a reflexión do alumnado e tocar as conciencias.

CHARLA - COLOQUIO CON EX-DEPUTADOS DO PARLAMENTO GALEGO

O vindeiro mércores 18 de outubro o Colexio POSSUMUS acollerá unha charla-coloquio para o alumnado de de 3º e 4º da ESO sobre o Parlamento de Galicia. A mesma ten como obxectivo achegar aos mozos e mozas o traballo das institucións democráticas, á par que contribuir a conciencialos sobre a importante labor que desempeñan en pro da sociedade, e aprendendo  a valorar o modelo democrático no que agora vivimos, fuxindo de paso de estereotipos que a miudo están na rúa sobre os nosos representantes políticos.

Nesta charla-coloquio, promovida xunto coa Presidencia do Parlamento de Galicia falarán os ex deputados autonómicos:

          ·   MANUEL PÉREZ ÁLVAREZ (PP)

          ·   MARÍA XOSÉ PORTEIRO GARCÍA (PSdeG-PSOE)

          ·   FRANCISCO TRIGO DURÁN (BNG)

DÍA DE SURF, NOITE NA ESCOLA 2017

O venres 13 de outubro (e tentando a calquera tipo de superstición), os alumnos de 5º e 6º de primaria trataron de remontar nas ondas do mar na Praia de Patos baixo a batuta de TXOKO SURF. Unha nova aventura para algúns e a repetición dunha grata experiencia para outros. Non houbos medos!, o clima púxose da nosa banda e a diversión estivo garantizada.

Despois do baño, unha ben merecida merenda. E xa no colexio unha gran Festa Hawaiana con flores, cores, música e táboas de surf....

Este ano a pesar de ser venres 13, non tivemos ningunha visita inesperada ... por sorte! A noite foi curta e o cansanzo reflectíase nos rostros ao espertar ... Todo sinal de cansanzo e esforzo no profesorado esfúmase cando os alumnos/as expresan canto lles gustou a convivencia. Todo un equipazo que amosou un gran espírito de compañeirismo! Parabéns rapaces/zas!

GRAND PRIX FINANCIEIRO!

O colexio recibiu o mércores 4 de outubroGrand Prix Financieiro de Afundación, un divertido xogo no que os rapaces/as de 4º, 5º e 6º de primaria xogaron a ser maiores.

  

O alumnado puido comprobar que os cartos non aparecen por arte de maxia, aprenderon a diferenciar o necesario do desexado, e que non sempre podemos ter o que queremos. A través de situacións do día a día, os nenos/as tiveron que xestionar os seus propios cartos!

Entenderon que:

1. Os cartos consíguense con esforzo. Facemos un traballo e recibimos unha paga. Fixeron matemáticas xaponesas para poder gañar o xornal.  

2.  Tiveron que decidir entre comprar cuches ou auga, pagar a luz ou comprar un móbil. Tiveron que valorar a importancia de cada cousa e escoller entre os seus desexos e as súas necesidades. 

3. O aforro ten a súa recompensa!!! Trinta casillas, trinta días do mes e un único salario. 

4. Ademais,  de entender valores como a solidaridade. 

PASEO DA FAMA DE HOLLYWOOD NO COLEXIO POSSUMUS

O Colexio vive unha nova xornada de convivencia entre o alumnado de 3º e 4º de Eduación Primaria. Durante a tarde do venres 29, o Centro estivo repleto de "Estrelas" da altura de Mary Poppins, os protagonistas de Star Wars e incluso O Padriño, todo un acontecemento!!!

Os participantes luciron as súas mellores galas dispostos a dar o mellor de sí mesmos. Despois dunha intensa xornada de desfiles e "photocalls" por fin chegou o momento de meterse nos sacos de durmir e non espertar ata o almorzo!

Recibirían algún Óscar polas súas actuacións?

XORNADA DE CONVIVENCIA NA ESCOLA

Os máis cativos de primaria son os primeiros en pasalo ben durante unha xornada de convivencia na que se fomentan os valores necesarios para a formación e o desenvolvemento dunha personalidade madura.

Os alumnos chegaron ao colexio o día 22 de setembro cargados de ilusión e dispostos a pasar unha fantástica velada, primeiro con xogos ao aire libre e logo cunha sesión de cine.

Despois dunha boa e intensa xornada, os cativos/as caeron profundamente durmidos nos seus sacos...

Repetirán o vindeiro curso?

Please reload

CALENDARIO EVENTOS CURSO 2018-2019

 

Mércores 11 de Setembro

Comenzo do curso escolar en Educación Infantil e Primaria

10:00

Luns 16 de Setembro

Comenzo do curso escolar na Educación Secundaria Obrigatoria (en horario habitual)

8:50

Martes 24 de Setembro

WiN España realizará unha actividade coas alumnas de 3º e 4º da ESO na Fundación Barrié

9:30 - 14:00

Xoves 26 de Setembro

Charla de Educación Viaria para o alumnado de 4º ESO.

10:30

Venres 4 de Outubro

O alumnado de 1º e 2º de primaria pasarán unha tarde e noite no centro.

Venres 4 de Outubro

Charla (1) para o alumnado de 2º ESO da PLDA: Programa de Prevención do Consumo de Drogas "non pasa nada, pasa algo?".

9:40 - 10:30

Mércores 16 de Outubro

O alumnado de 5º realizará unha actividade de Educación Viaria no Concello.

9:00

Xoves 17 de Outubro

O alumnado de Educación Secundaria ao Completo vivirán unha xornada de Actor/Música a "Ritmo de Golpes"

12:00 - 13:00

Venres 18 de Outubro

O alumnado de 5º e 6º de primaria practicarán surf na praia e logo terán unha convivencia nocturna no Centro.

Venres 18 de Outubro

Charla (2) para o alumnado de 2º ESO da PLDA: Programa de Prevención do Consumo de Drogas "non pasa nada, pasa algo?".

9:40 - 10:30

Xoves 24 de Outubro

O alumnado de 6º de EP realizarán unha práctica de Educación Vial no PIT o Castro.

9:30 - 11:15

Venres 25 de Outubro

O alumnado de 3º e 4º de primaria pasarán unha velada inesquecible cos seus compañeiros e mestres no Centro.

Venres 25 de Outubro

Charla (3) para o alumnado de 2º ESO da PLDA: Programa de Prevención do Consumo de Drogas "non pasa nada, pasa algo?".

9:40 - 10:30

SAMAÍN

Exposición de CABAZAS os días 28, 29 e 30 de OUTUBRO!

Luns 28 de Outubro

"Mozos e Mozas cambiando estereotipos", actividade dirixida ao alumnado de 4º ESO. 

9:30 - 12:00

Mércores 30 de Outubro

Escalofriante Festa do Samaín

17:00 - 20:00

Martes 5 de Novembro

Charla (1) para o alumnado de 3º ESO da PLDA: Programa de Prevención do Consumo de Drogas "non pasa nada, pasa algo?".

9:10 - 10:30

Martes 5 de Novembro

"Seguridade informática e hacking ético", actividade para o alumnado de 4º da ESO do equipo de Normalización Lingüística do Concello.

12:30 - 13:30

Xoves 7 de Novembro

REPORTAXE FOTOGRÁFICA

Venres 8 de Novembro

Charla (4) para o alumnado de 2º ESO da PLDA: Programa de Prevención do Consumo de Drogas "non pasa nada, pasa algo?".

09:40 - 10:30

Venres 8 de Novembro

MAGOSTO

Luns 11 de Novembro

Alumnado de 3º de Educación Secundaria participará na actividade - Tecendo o futuro - organizada polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo e levada a cabo no centro escolar.

12:30 - 14:00

Martes 12 de Novembro

Charla (2) para o alumnado de 3º ESO da PLDA: Programa de Prevención do Consumo de Drogas "non pasa nada, pasa algo?".

9:10 - 10:30

Mércores 13 de Novembro

Educación Infantil aprende inglés a través de los cuentos.  Storytelling con el cuento "the very hungry caterpillar" (La pequeña oruga glotona). 

13:10 -13:40

Mércores 13 de Novembro

5º e 6º de Primaria farán unha Andaina Cultural polo centro da Cidade, acompañados das súas titoras e dous profesores de apoio.

11:00 - 14:00

Venres 15 de Novembro

Charla (1) para o alumnado de 4º ESO da PLDA: Programa de Prevención do Consumo de Drogas "non pasa nada, pasa algo?".

12.40 - 13:30

Venres 15 de Novembro

3º e 4º de Educación Primaria asistirán ao espectáculo de danza "GAIA" no Teatro Afundación.

11:30 - 13:30

Martes 19 de Novembro

Charla (3) para o alumnado de 3º ESO da PLDA: Programa de Prevención do Consumo de Drogas "non pasa nada, pasa algo?".

9:10 - 10:30

Venres 22 de Novembro

Charla (2) para o alumnado de 4º ESO da PLDA: Programa de Prevención do Consumo de Drogas "non pasa nada, pasa algo?".

12:40 - 13:30

Luns 25 de Novembro

"Coidamos os nosos dentes". Actividade de Normalización Lingüística do Concello de Vigo para o alumnado de 4 e 5 anos.

10:00 - 11:00

Martes 26 de Novembro

Charla (4) para o alumnado de 3º ESO da PLDA: Programa de Prevención do Consumo de Drogas "non pasa nada, pasa algo?".

9:10 - 10:30

Martes 26 de Novembro

CHARLA PARA PAIS

Progama de Prevención de Drogas no ámbito familiar "máis que un teito " coa charla: "a familia como factor protector fronte ás drogas" 

18:00 - 19:30

Venres 29 de Novembro

Charla (3) para o alumnado de 4º ESO da PLDA: Programa de Prevención do Consumo de Drogas "non pasa nada, pasa algo?".

12:40 - 13:30

Luns 2 de Decembro

Obradoiro de Igualdade (primeira parte) organizado por SURGAPA  para o alumnado de 4º ESO. 

12:40 - 13:40

Martes 3 de Decembro

Obradoiro de Igualdade (primeira parte) organizado por SURGAPA  para o alumnado de 3º ESO. 

09:40 - 10:40

Mércores 4 de Decembro

1º e 2º EP visitarán o Belén do Mercado de Teis

9:10 - 10:00

Mércores 4 de Decembro

O alumnado de EI visitará o Belén do Mercado de Teis

10:10 - 11:00

Luns 9 de Decembro

Obradoiro de Igualdade (segunda parte) organizado por SURGAPA  para o alumnado de 4º ESO. 

12:40 - 13:40

Martes 10 de Decembro

Obradoiro de Igualdade (segunda parte) organizado por SURGAPA  para o alumnado de 3º ESO. 

09:40 - 10:40

Mércores 11 de Decembro

3º e 4º de EP visitarán o Belén do Mercado de Teis

09:10 - 10:00

Mércores 11 de Decembro

5º e 6º de EP visitarán o Belén do Mercado de Teis

10:10 - 11:00

Venres 13 de Decembro

Charla (4) para o alumnado de 4º ESO da PLDA: Programa de Prevención do Consumo de Drogas "non pasa nada, pasa algo?".

12:40 - 13:30

Venres 20 de Decembro

FESTA DE NADAL.

Venres 20 de Xaneiro

Plan de Orientaición Académica e Profesional para 4º da ESO, conferencia cun Comandante das Forzas Armadas.

Luns 13 de Xaneiro

1º e 2º da ESO visitarán os Museos Científicos Coruñeses.

Todo o día

Mércores 15 de Xaneiro

Obradoiro de Resolución Positiva de conflitos para 5º EP

09:00 - 10:00

Mércores 15 de Xaneiro

Obradoiro de Resolución Positiva de conflitos para 6º EP

10:00 - 11:00

Mércores 15 de Xaneiro

Os alumnos de 3º e 4º de Educación Secundaria asistirán á obra de teatro en inglés "A VAMPIRE STORY" no Teatro Afundación. 

9:30 - 11:30

Viernes 17 de Xaneiro

VIGO RECICLA - 2º e 3º de EP recibirán a visita de Dinoseto para concienciar sobre a importancia da reciclaxe. Unha actividade promovida polo Concello de Vigo.

10:00 - 11:00

Viernes 17 de Xaneiro

VIGO RECICLA - 4º de EP tamén recibirá a visita de Dinoseto para concienciar sobre a importancia da reciclaxe. Unha actividade promovida polo Concello de Vigo.

11:00 - 11:50

Luns 20 de Xaneiro

O curso de 3 anos de Educación Infantil terá unha nova sesión de Storytelling, esta vez con "A taste of the moon"

10:00 - 11:00

Martes 21 de Xaneiro

Educación Infantil visitará o Parque de Castrelos con motivo do Proxecto de Centro "Coñece a nosa cidade"

Mércores 22 de Xaneiro

Obradoiro de Resolución Positiva de conflitos para 5º EP

09:00 - 10:00

Mércores 22 de Xaneiro

Obradoiro de Resolución Positiva de conflitos para 6º EP

10:00 - 11:00

Mércores 22 de Xaneiro

"A taste of the moon", contacontos en inglés para o alumnado de 4 anos.

Mércores 23 de Xaneiro

"A taste of the moon", contacontos en inglés para o alumnado de 4 anos.

10:00

Martes 28 de Xaneiro

5º e 6º de Educación Primaria recibirá a visita de Anxo Fariña, que nos presentará o seu libro "Os ecos do lume".

09:15

Martes 28 de Xaneiro

O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria asistirá á obra de teatro en inglés "ALICE´S ADVENTURES" no Teatro Afundación.

11:30 - 13:30

Xoves 30 de Xaneiro

Conmemoración do Día da Paz. Carreira Solidaria. Save the Children.

Venres 31 de Xaneiro

MENTALÍZA-T, proxecto de Aula Aberta para o alumnado de 4º ESO

12:45

Luns 3 de Febreiro

Exposición Itinerante no colexio realizada pola Escola de Inxeñería. Remata o venres 7 de febreiro.

Martes 4 de Febreiro

Anxo Fariña presenta "Os ecos do lume" ao alumnado de 5º e 6º de primaria.

9:15

Venres 7 de Febreiro

Charla para o alumnado de 4º ESO da Escola de Inxeñería "Termografía".

8:50 - 9:50

Luns 10 de Febreiro

3º e 4º de primaria verán a obra de Teatro "Nana para un soldado" no Teatro AFundación.

11:30 - 13:30

Xoves 20 de Febreiro

2º de Educación Primaria visitará a Biblioteca Xosé Neira Vilas.

9:45 - 10:45

Luns 2 de Marzo

Charla (1) para o alumnado de 6º EP da PLDA: Programa de Prevención do Consumo de Drogas "información-sensibilización".

11:00 - 11:50

Luns 2 de Marzo

Charla (1) para o alumnado de 1º ESO da PLDA: Programa de Prevención do Consumo de Drogas "non pasa nada, pasa algo?".

9:40 - 10:30

Luns 9 de Marzo

Charla (2) para o alumnado de 6º EP da PLDA: Programa de Prevención do Consumo de Drogas "información-sensibilización".

11:00 - 11:50

Venres 13 de Marzo

Charla (2) para o alumnado de 1º ESO da PLDA: Programa de Prevención do Consumo de Drogas "non pasa nada, pasa algo?".

9:40 - 10:30

Luns 16 de Marzo

Charla (3) para o alumnado de 6º EP da PLDA: Programa de Prevención do Consumo de Drogas "información-sensibilización".

11:00 - 11:50

Luns 23 de Marzo

Charla (4) para o alumnado de 6º EP da PLDA: Programa de Prevención do Consumo de Drogas "información-sensibilización".

11:00 - 11:50

Venres 27 de Marzo

Charla (3) para o alumnado de 1º ESO da PLDA: Programa de Prevención do Consumo de Drogas "non pasa nada, pasa algo?".

9:40 - 10:30

Venres 3 de Abril

Charla (4) para o alumnado de 1º ESO da PLDA: Programa de Prevención do Consumo de Drogas "non pasa nada, pasa algo?".

9:40 - 10:30

Please reload

bottom of page