DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN (orientacion@possumus.es)
A orientación é un proceso de axuda ao estudante para que sexa capaz de resolver os problemas que a vida escolar lle presenta e para que ao longo do seu percorrido pola Escola adopte eleccións de acordo cos seus intereses, capacidades e coa súa situación persoal.
A orientación escolar ocúpase dos momentos críticos, os desaxustes, conflitos, situacións especiais e está presente sempre que implique acomodacións do alumno ao cambio.
A existencia dun Departamento de orientación integrado na escola dende a primeira etapa da Educación infantil é de máxima importancia xa que dende o inicio da vida escolar do neno se presentan moitas situacións de orixe persoal, social, familiar e escolar de gran transcendencia.
Queda definido, xa que logo, este departamento como un grupo de profesionais ao servizo do profesorado, dos pais e dos alumnos, plenamente integrado no centro para apoiar e colaborar no desenvolvemento do seu labor educativo en tres grandes ámbitos que están interrelacionados:
-
O apoio ao proceso ensino-aprendizaxe
-
A orientación académica, profesional e persoal.
-
A acción titorial.