SOBRE O COLEXIO POSSUMUS
O noso Proxecto Educativo
Somos un colexio laico cun modelo de pedagoxía libre baseado na tolerancia e o respecto a todo tipo de crenzas e opinións, fomentando unha aprendizaxe solidaria e non discriminatoria.
O noso Proxecto Educativo está baseado na formación integral dos alumnos, potenciando as capacidades e destrezas propias de cada unha das etapas educativas e atendendo dun xeito especial aos nenos/as que presentan máis dificultades na aprendizaxe e na integración.
Durante o transcurso do curso realízanse saídas didáctico-culturais a lugares de interese pedagóxico e celébranse conmemoracións con carácter formativo e festivo.
A nosa Historia
O Colexio Possumus inicia a súa andaina educativa con anterioridade a 1970 ao fusionarse tres centros adicados á ensinanza. En 1983 o centro constitúe unha Sociedade Cooperativa de ensino.
O centro está integrado dentro das actividades lúdicas e culturais do noso barrio, tendo recoñecido un amplo prestixio que intentamos manter e mellorar co noso labor ao longo dos anos.
As nosas Instalacións
Biblioteca: Xeral, de aula e de Departamento.
Laboratorio
Departamento de Orientación ( Aulas de Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe)
Aulas Abalar
Aula de música e plástica
Aulas de Audiovisuais
Aula de Tecnoloxía
Aula de Informática e multimedia especializada
Aula de usos múltiples
Todas as aulas están dotadas de Encerado Dixital Interactivo, canón de Audio-Vídeo e Ordenador Portátil
Obradoiro
Dous patios cubertos e zonas de lecer ao aire libre
Ximnasio
Comedor
Outros Servizos do Colexio
Seccións Bilingües e Plurilingües
Servizo Pequenos Madrugadores
Departamento de Orientación
Gabinete Psicopedagóxico, Aula de Apoio, Especialistas en Audición e Linguaxe e Pedagoxía Terapéutica
Clases de Inglés e Informática dende os 3 anos
Auxiliar de conversa dende os 3 anos
Aulas abalar (5º e 6º de Educación Primaria)
Servizo de Comedor
Servizo de Espera de Irmáns