Servizo de Pequenos Madrugadores

O colexio ofrece a aqueles pais e nais traballadoras un servizo de acollida matinal (de 7:30 a 9:00) co fin de que poidan compatibilizar os seus traballos coa entrada dos fillos no colexio.

 

Durante este tempo os rapaces están baixo a supervisión dun coidador e os nenos madrugadores adican o tempo á lectura ou a diferentes xogos nos que interaccionan con outros pequenos madrugadores.