PROXECTO DE INSONORIAZACIÓN
O ruído é un dos problemas ambientais máis comúns e preocupantes na nosa sociedade. As fontes de produción de ruído están tan introducidas na nosa vida cotiá que este problema é moi difícil de solventar.
En canto a nós, se nos centramos no entorno escolar, atopámonos con dúas posicións problemáticas:
-
O persoal docente, que ten que facer un sobreesforzo para combatilo na súa labor diaria (para proporcionar unha educación de calidade), e
-
O alumnado, que ten que convivir con él, tratando de desenvolver as súas capacidades e destrezas a pesar de estar rodeado de ruído.
Algúns dos inconvenientes producidos polo ruído son:
-
perda auditiva,
-
estrés,
-
alta presión sanguínea,
-
perda de sono,
-
distracción,
-
perda de produtividade no traballo,
-
así como una redución xeral da calidade de vida e a tranquilidade.
No proceso de aprendizaxe, a información é unha ferramenta imprescindible, e co ruído, a escoita e a entrada da información vese seriamente comprometida. Desta forma, a contaminación acústica tamén dificulta o rendemento ante calquera tipo de tarefa, a atención lectora e a resolución de problemas, aumentando así o número de fracasos.
Outra consecuencia do ruído no ámbito educativo, é que o educador ten que elevar automaticamente a voz para facerse oír. Cando elevamos a voz a nosa expresión facial cambia, vírase máis agresiva, isto é percibido polo alumnado e créase unha situación de “enfado” ou malestar que non propicia para nada o proceso de aprendizaxe afectiva.
Dentro da nosa responsabilidade queda o protexelos e ensinarlles a controlar o ruído na súa xusta medida. Como consecuencia desta preocupación crecente, o noso Colexio quere tomar medidas para diminuír en todo o que nos sexa posible o ruído nas aulas e no ambiente escolar.
Tendo en conta, que no colexio os rapaces/as pasan moitas horas ao día, consideramos adecuado facer todo o posible para baixar o nivel de ruído nas aulas. Unhas das medidas que o noso centro vai a adoptar é poñer pelotas de tenis nas patas das cadeiras, co propósito de que cando os alumnos as arrastren o nivel de ruído sexa imperceptible.
Todo o colexio está volcado no proxecto, e unha proba é a implicación dos alumnos no proceso. Neste artigo do Faro podedes ver como se levou a cabo: