top of page
Buscar
  • Foto del escritorColexio Possumus

BLINKLEARNING XA ESTÁ AQUÍ

Como xa se vos comentou na reunión inicial dos vosos fillos, e para poder adaptarse ás necesidades tanto do alumnado como dos docentes, é necesario implantar unha plataforma dixital. BLINKLEARNING posibilita o acceso a libros dixitais e contén ferramentas que permiten personalizar as tarefas do alumnado. Pódese empregar de xeito tanto online como offline, o cal permite traballar sen conexión a internet e sincronizar unha vez se teña conexión.


O acceso á plataforma pódese facer a través dun ordenador, tableta ou móbil (dispoñible tanto en android como iOS).


Para poder acceder á plataforma BLINKLEARNING e xerar as vosas clases deberedes seguir estes pasos segundo esteades ou non rexistrados:


· Se xa ESTÁS REXISTRADO:

2. Escolles a opción INICIAR SESIÓN.

3. Introduces o e-mail e o teu contrasinal.

4. Prememos en “MI CLASE”, alí vos pedirá un código de clase (que se facilita neste documento).

5. Para crear o resto das clases, premedes novamente en “MI CLASE” e logo premedes na icona lateral dereita “crear máis clases”.

· Se NON ESTÁS REXISTRADO:

1. Buscamos Blinklearning no navegador. (https://www.blinklearning.com/home)

2. Eliximos a opción “CREAR CUENTA” da páxina principal.

3. Introducimos o “CÓDIGO CLASE” (que se facilita neste documento).

4. Indicamos a conta de correo electrónico na que recibes esta información.

5. Indicamos nome e apelidos do alumno/a.

6. Buscar un contrasinal fácil (non vos podedes esquecer dela!).

7. Indicar a idade, no alumnado menor de 13 anos, pedirá un e-mail de control parental.

8. Unha vez dentro, non visualizaremos nada ata que o profesorado vos acepte como alumnos.

9. Para crear o resto das clases premede en “MI CLASE” e ide introducindo todos os códigos un a un tras premer na icona lateral dereita “crear máis clases”.


Aquí vos deixamos uns tutoriais que vos poden facilitar o proceso: Blinklearning



613 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo
bottom of page