AXUDAS MUNICIPAIS LIBROS E COMEDOR
21/06/2020
Concesión de axudas municipais de libros, material escolar e comedor do Concello de Vigo para o curso 2020-2021.
Máis información e Anexos na páxina do Concello. Visita o seguinte enlace:
VIGO EN INGLÉS 2020
NOVO PRAZO!!!!!! presentación das solicitudes para a beca en inglés do Concello de Vigo.
BENEFICIARIOS
-
Estudantes de 3º da ESO.
REQUISITOS
-
Alumnos de 3.º da ESO que cursen nun centro de Vigo o curso académico 2019/2020
-
Ter aprobadas todas as materias de 2.º de ESO
-
Nota media de 7 en Lingua inglesa.
-
Estar empadroado en Vigo, o día 01/01/2019.
-
Non ter concedida, no ano 2020, unha axuda similar.
-
Tener DNI/NIE.
-
Deberán solicitar as prazas os representantes legais dos alumnos.
MÁiS INFORMACIÓN
Instruccións
INFOGRAFÍA SOBRE O CORONAVIRUS
29/02/2020
Se queres estar informado sobre o coronavirus, consulte esta INFOGRAFÍA, ou ben a páxina web do ministerio: https://www.mscbs.gob.es/
IV TORNEO DE AJEDREZ DEL COLEGIO PLURILINGÜE POSSUMUS
29/02/2020
Si sabes algo de ajedrez, o si no sabes nada... inscríbete en nuestro IV TORNEO DE AJEDREZ.
El próximo sábado 14 de MARZO de 10:00 a 13:00 horas tendrá lugar el evento en las instalaciones de nuestro colegio.
Seguiremos el Sistema Suizo con partidas de 10 minutos por jugador y divididos en 3 categorías:
A. EDUCACIÓN PRIMARIA
B. EDUCACIÓN SECUNDARIA
C. PADRES, MADRES Y ALUMNOS DE BACHILLERATO
Inscripción gratuita y abierta a todo el público rellenando el siguiente formulario hasta completar el aforo.
Nota: el plazo de inscripción finalizará el día 13 de MARZO o al completar el aforo (se seguirá un riguroso orden de inscripción).
Suscripción Cancelada por COVID - 19 - En cuanto sea posible confirmaremos nueva fecha.
Anímate, en el ajedrez ganamos todos.
19/01/2020
Sabemos lo difícil que es la elección de un centro para vuestros hijos e hijas. En el Colegio Possumus queremos facilitar el hecho de conocernos a través de 3 Jornadas de Puertas Abiertas (14 de febrero a las 17:30, 15 de febrero a las 11:00 y 6 de marzo a las 17:30 horas). Además, para aquellos que no podáis asistir en estas sesiones, os damos la opción de hacer una visita individualizada en un horario acorde a vuestras necesidades.
Para asistir, solo es necesario cubrir el siguiente formulario.
Informamos además, de que durante las jornadas habrá un Servicio de Guardería gratuito, con personal especializado, a disposición de todo aquel que lo necesite.
Ven a conocernos.
AVISO ALERTA LARANXA
14/01/2020
A Axencia Estatal de Meteoroloxía e MeteoGalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel LARANXA por refachos de vento superiores a 100km/h, que comezará mañá, xoves día 16.01.2020 ás 06.00 horas e prolongarase ata as 19:00 horas. Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas acordou a suspensión de actividades no exterior.
Inscricións III Torneo de Xadrez do Colexio Possumus
06/03/2019
Xa está aquí, xa podedes inscribirvos no III Torneo de Xadrez do noso Colexio. En colaboración con Xadrez Educación, celebrarase o sábado 16 de marzo en horario de 10:00 a 13:00 horas.
Xa sabedes, é unha ocasión para pasar unha divertida mañán e practicar un xogo no que todos gañan!. As partidas seguirán o sistema suizo de 15 minutos por partida e os participantes dividiránse en 3 categorías segundo a súa idade.
Anímaste a pasalo ben?
Inscricións III Torneo
Bolsas Xunta formación Inglés en Verán.
20/02/2019
Dentro do conxunto de medidas educativas postas en marcha no curso escolar 2018/19, o dominio de linguas estranxeiras constitúe un dos eixes principais de actuación. Este conxunto de medidas, en liña coas recomendacións do Consello de Europa en materia de linguas, establece entre as súas finalidades fomentar o coñecemento de idiomas co obxecto de que o alumnado galego adquira unha competencia plurilingüe.
A Consellería sufragará entre O 87,5 e o 50% do custo destas estancias. As actividades formativas desenvolveranse en réxime residencial e o período de realización destas actividades será dende a última semana de xuño ata finais de agosto.
O prazo de solicitude será: dende o 21 de febreiro ata o 20 de marzo de 2019. As persoas interesadas poderán realizar a súa solicitude por vía electrónica. Tamén a través dos rexistros da Xunta ou a través da aplicación dispoñible na dirección web: http://www.edu.xunta.es/axudasle.
12/01/2019
Éste é o momento de achegarte ao noso Centro Escolar e coñecernos.
As Xornadas de Portas Abertas para o futuro alumnado comenzan o luns 14 de Xaneiro. Participa inscribíndote a través do formulario que podes atopar na nosa páxina web ou ben a través do teléfono 986.371.330.
O horario estará adaptado aos vosos horarios e vos atenderemos de xeito personalizado para que podades coñecer o noso proxecto educativo, metodoloxía, actividades, obradoiros, etc.
¡¡¡ ESPERÁMOSVOS!!!
20/01/2019
O programa do Concello de Vigo vai dirixido a estudantes de 3º da ESO. Desenvólvese no mes de setembro e consiste nunha estadía de 3 semanas nun país de fala inglesa. Durante este tempo, os rapaces asisten a un centro escolar, coma calquer outro estudiante local.
O prazo de presentación de solicitudes vai dende o 21 de xaneiro ata o 1 de febreiro. Os requisitos son:
-
Estar a cursar 3.º da ESO nun centro educativo do Concello de Vigo sostido con fondos públicos durante o curso académico 2018/2019
-
Ter aprobadas todas as materias de 2.º de ESO.
-
Ter obtido como mínimo unha nota de 7 na materia de Lingua inglesa nas cualificacións finais de 2.º de ESO.
-
Estar empadroado no Concello de Vigo, con vixencia mínima dende o 01/01/2017 , dato que será comprobado de oficio pola propia administración.
-
Non ter concedida, no ano 2019, outra axuda coa mesma finalidade.
-
Ter DNI/NIE, permiso de residencia ou pasaporte en vigor cunha vixencia mínima de 6 meses.
Deberán solicitar as prazas os representantes legais (pai e nai ou titor/a legal) dos alumnos e alumnas.
Charla para Pais e Nais: "Normas e Límites"
06/11/2018
Para convivir, toda sociedade precisa dunhas normas. A familia constitúe o primeiro grupo social ao que pertencen os nosos fillos, no que aprenden a convivir. O establecemento de normas e límites no contexto familiar supón un dos factores de protección máis significativos para reducir a probabilidade de aparición de condutas de risco, tanto na infancia como na adolescencia.
Esta charla para pais e nais terá lugar o vindeiro 27 de novembro de 17:30 a 19:00 horas. Se queres asistir, preme no seguinte enlace ou ben chama ao 986 37 13 30.
Contamos contigo!
11/08/2018
Consulta os horarios de exames e as horas de entrega dos traballos pendentes.
Campamento de Verán 2018 Colexio Possumus
25/04/2018
Xa está aquí o Campamento de Verán do Colexio Possumus!!!
Como en anos precedentes o Colexio POSSUMUS vai desenvolver un CAMPAMENTO DE VERÁN aberto a todos rapaces (sexan ou non alumn@s do centro) con idades comprendidas entre 3 e 12 anos. O obxectivo, ofrecer aos nen@s unha alternativa de ocio e tempo libre, ademáis de brindar un respiro familiar aos pais e nais para poder conciliar vida familiar e laboral. Unha oferta concebida ademáis a un prezo asequible para ofrecer un servizo ás familias. Con persoal experimentado e baixo a tutela dos propios mestres do colexio, o campamento ofrécese este ano, COMO NOVIDADE, xa a partir do 25 de xuño, ben por semanas, quincenas ou mes, para axustarse a todas as necesidades.
Infórmate chamando ao 986 371 330 (en horario 9 a 14 horas). Inscrición aberta ata o 15 de xuño. Prazas limitadas.
13/03/2018
O programa do Concello de Vigo vai dirixido a estudantes de 3º da ESO. Desenvólvese no mes de setembro e consiste nunha estadía de 3 semanas nun país de fala inglesa. Durante este tempo, os rapaces asisten a un centro escolar, coma calquer outro estudiante local.
O prazo de presentación de solicitudes vai dende o 12 de marzo ata o 23 de marzo. Os requisitos son:
-
Estar a cursar 3.º da ESO nun centro educativo do Concello de Vigo sostido con fondos públicos durante o curso académico 2017/2018
-
Ter aprobadas todas as materias de 2.º de ESO.
-
Ter obtido como mínimo unha nota de 7 na materia de Lingua inglesa nas cualificacións finais de 2.º de ESO.
-
Estar empadroado no Concello de Vigo, con vixencia mínima dende o 01/01/2017 , dato que será comprobado de oficio pola propia administración.
-
Non ter concedida, no ano 2018, outra axuda coa mesma finalidade.
-
Ter DNI/NIE, permiso de residencia ou pasaporte en vigor cunha vixencia mínima de 6 meses.
Deberán solicitar as prazas os representantes legais (pai e nai ou titor/a legal) dos alumnos e alumnas.
III Jornadas de Atención a la Diversidad de SURGAPA
13/03/2018
Los días 13 y 14 de abril se celebrarán en el Colegio Apóstol de Vigo las III Jornadas de Atención a la Diversidad organizadas por Surgapa.
Las jornadas darán comienzo el viernes 13 a las 17:30, y durante esa jornada y la mañana del sábado 14 tendremos la oportunidad de asistir a las diferentes charlas ofertadas, mientras que el sábado por la tarde está reservado para la realización de los talleres.
Charla-Obradoiro Técnicas de Estudo
24/02/2018
Surgapa e a ANPA do Colexio Possumus organizan unha Charla-Obradoiro para pais/nais de alumnos/as de Educación Primaria e/ou Educación Secundaria. A charla será impartida o vindeiro martes 13 de marzo a partir das 18:00 horas nas instalacións do Centro.
Esperamosvos alí!
"Campus Científicos de Verano" MECD
21/02/2018
Convocatoria para alumnos que cursen la modalidad de Ciencias, para participar en un Campus Científico durante 7 días en el mes de julio.
Destinatarios
Estudiantes de cuarto curso de Educación Secundaria Obligatoria y primer curso de Bachillerato en la modalidad de Ciencias.
Requisitos
Estar cursando, en el año académico 2017-2018 enseñanzas de primer curso de Bachillerato de la modalidad de Ciencias, o cuarto curso de Educación Secundaria Obligatoria.
Haber nacido con posterioridad al 31 de diciembre de 2000.
Haber obtenido una nota media igual o superior a 8,5 puntos en los estudios cursados en el año escolar 2016-2017.
Plazo de presentación
-
Desde el 16 de febrero de 2018
-
Hasta el 09 de marzo de 2018 a las 15:00
O Pallaso Popín visita o noso colexio
08/02/2018
O vindeiro venres 16 en horario de 18:00 - 19:00 horas, o Pallaso Popín realizará un Obradoiro de Risoterapia ao que están invitados todos os nenos que o desexen acompañados polos seus pais/nais. A entrada é gratuíta e con aforo limitado.
O pallaso “Popín” é un personaxe creado polo actor Adolfo Maguna, que leva máis de 30 años adicado ao mundo da animación e a actuación, facendo rir (inevitablemente) a todos os asistentes polo seu descaro, ocorrencias e permanente improvisación.
Esperamos que pasen unha fantástica hora en compañía deste xenial pallaso!!! Faranos morrer coa risa!!!
Bolsas da Xunta para estudar Idiomas en Verano
06/02/2018
Dentro do conxunto de medidas educativas postas en marcha no curso escolar 2017/18, o dominio de linguas estranxeiras constitúe un dos eixes principais de actuación. Este conxunto de medidas, en liña coas recomendacións do Consello de Europa en materia de linguas, establece entre as súas finalidades fomentar o coñecemento de idiomas co obxecto de que o alumnado galego adquira unha competencia plurilingüe.
a Consellería sufragará entre O 87,5 e o 50% do custo destas estancias. As actividades formativas desenvolveranse en réxime residencial e o período de realización destas actividades será dende a última semana de xuño ata finais de agosto.
O prazo de solicitude será: dende o 7 de febreiro ata o 7 de marzo de 2018. As persoas interesadas poderán realizar a súa solicitude por vía electrónica. Tamén a través dos rexistros da Xunta ou a través da aplicación dispoñible na dirección web: http://www.edu.xunta.es/axudasle.
DOG nº 27, mércores 7 febreiro de 2018
Musiqueando 2018
12/01/2018
Ao longo da tarde do venres 26 de xaneiro o Colexio Possumus realizará un obradoiro de musicoterapia dirixido a nenos de 2 e 3 anos acompañados polos seus pais. O obradoiro terá lugar dende as 16:30 horas ata as 17:30 horas.
A inscrición é gratuíta e realizarase a través da páxina web do colexio no enlace indicado a continuación ou ben no teléfono 986 37 13 30. A inscrición é inmediata e para facilitar o desenvolvemento do obradoiro as inscricións realizaranse por rigorosa orde de recepción da inscrición ata completar o aforo.
Formulario de inscrición.
A musicoterapia é un tipo de terapia onde se fusiona a música, o son e o movemento. Ten como obxectivo principal incentivar a comunicación e a expresión das persoas. Así que se tes fillos, recomendamos que empregues musicoterapia para relaxalo e estimular o seu desenvolvemento.
Esta actividade é ideal para que os peques poidan coordinar, aprender, mellorar o ánimoe controlar o estrés e a ansiedade. A música inflúe positivamente en persoas de todas as idades, principalmente nos máis pequenos da casa. Coa música os nenos poderán expresar mellor as súas inquedanzas xa que aprenderán a comunicarse mellor e a desenvolverse afectiva e emocionalmente. A música, está comprobado que aumenta a autoestima. Todo son beneficios!
Dende o Centro queremos agradecer de antemán a vosa colaboración. Grazas a vos, o obradoiro será posible!
Pola nosa banda, continuaremos ofrecendo obradoiros para que os máis pequenos vivan novas experiencias e aprendan cada día máis.
II Torneo de Xadrez do Colexio Possumus 2018
16/01/2018
O sábado 3 de febreiro de 11:00 a 13:30 celebrarase no Colexio Possumus o Segundo Torneo de Xadrez. Pode participar todo o mundo!, existen tres categorías nas que anotarse (EDUCACIÓN PRIMARIA, EDUCACIÓN SECUNDARIA e PAIS, NAIS E ALUMNOS DE BACHARELATO).
Seguirase o Sistema Suizo con partidas de 15 minutos por xogador.
Inscrición gratuíta e aberta a todo o público ata un total de 50 participantes. Anímate a participar. Haberá premios para todos!!!
Cuñas de radio dos gañadores do "I Concurso de eslogans por un lecer saudable"
16/12/2017
O Equipo de Prevención de drogodependencias do Concello de Vigo, deseñou unha campaña informativa e sensibilizadora para difundir, comunicar e transmitir os eslogans gañadores do "I Concurso de eslogans por un lecer saudable", onde participaron os alumnos de 6º de primaria do curso 2016-2017 que agora están en 1º de ESO.
Neste marco de actuación, vanse emitir cuñas cos eslogans gañadores nas seguintes emisoras locais de radio: Los 40 principales (99.4) , Cadena SER (100.6 FM, 10026 AM), Europa FM (88.7), Kiss FM ( 94.0 ), Cadena 100 ( 89.6) os días 20, 21, 22, 26 e 27 de decembro. En cada unha destas datas, ao longo do día, emitirase nunha soa vez cada un dos 9 eslogans gañadores do devandito concurso.
Parabéns aos nosos premiados (do actual curso de 1º ESO).
15/11/2017
Dada a importancia da estimulación temperá para o desenvolvemento de todas as áreas evolutivas do neno propoñemos este taller de estimulación da linguaxe para os máis pequenos.
Estimularemos a linguaxe oral dos nenos/as traballando de maneira lúdica os prerequisitos da estimulación tales como a relaxación, respiración, sopro, e aspectos motores. Se melloramos o desenvolvemento da fala e da linguaxe incrementaremos a capacidade para pensar, razoar, recordar e aprender. Se valoramos a evolución facilitaremos a detección precoz de calquera alteración da linguaxe que presente o neno.
A familia ten un importante papel neste obradoiro cargado de xogos e actividades.
Campamento de Nadal no Colexio Possumus
27/11/2017
Campamento de Nadal no Colexio Possumus para nenos/as de 3 a 12 anos.
Durante os días 22, 26, 27, 28 e 29 de decembro e os días 2, 3, 4 e 5 de xaneiro.
Moitos xogos, sorpresas e diversión a cargo do Grupo Koremi. Non perdas esta oportunidade!
Charla-Coloquio: como aumentar a nosa motivación? Como podemos xestionar a nosa frustración?
16/11/2017
Surgapa e a ANPA do Colexio Possumus invítavos a unha charla-coloquio gratuíta na que Lucía Trigo Millán e Rosalía Campos Álvarez (ADAMIA psicología) transmitirannos a importancia da xestión das emocións, en concreto, a frustración e de que xeito se pode aumentar a motivación.
A charla está dirixida a pais e nais de alumnos/as de educación primaria e secundaria. Terá lugar nas instalacións do Colexio Possumus o vindeiro martes 28 de novembro de 18:00 a 19:30 horas.
Liga de Natación Escolar do Concello de Vigo
15/11/2017
A Liga de Natación Escolar “Concello de Vigo”, está organizada polo Club Natación Vigo Rías Baixas, e o Concello de Vigo, coa colaboración da Fundación Vide.
As xornadas desenvolveranse dende as 9.00 hasta as 14.00 horas, podendo variar en función do nivel de participación, indicándose, en todo caso e con antelación suficiente, os posibles cambios aos colexios participantes.
A incrición é gratuíta e pecharase o luns da semana de competición de cada unha das xornadas sempre que haxa prazas dispoñibles. O límite total de inscritos/as é de 500.
Gran Festa de Samaín No Colexio
28/10/2017
Os alumnos de 3º e 4º da ESO xunto co profesorado do Colexio e a ANPA están organizando unha gran festa do Samaín para o vindeiro martes 31 de outubro. A festa estará aberta a todo o alumnado do Centro en horario de 17:30 a 19:30 horas. Para poder asistir é imprescindible anotarse na ANPA e pagar unha cuota (por familia) de 1 euro para os socios da ANPA e de 2 euros para os non socios.
Non vos perdades esta terrorífica tarde na que teremos música, disfraces, mercadillos e moitas outras esperpénticas emocións...
TODO O RECADADO NOS MERCADILLOS E COAS ENTRADAS SERÁ DESTINADO A SUBVENCIONAR A EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO DO ALUMNADO DE 3º E 4º DA ESO.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!!
Obradoiro "EMOCIONA-T" para nenos/as de 2-3 anos
22/10/2017
EMOCIONA - T é un obrairo para cativos/as de 2 a 3 anos. O obradoiro é totalmente gratuíto e con inscrición previa a través da nosa web ou ben chamando ao teléfono do Centro.
Cada vez somos máis conscientes de que a intelexencia emocional inflúe nas capacidades cognitivas e permite mellorar o rendemento académico do alumnado. O progresivo desenvolvemento da capacidade cognitiva no neno, permite que as emocións se convirtan en facilitadores da atención e o pensamento lóxico e creativo.
As emocións tamén inflúen na percepción que os nenos teñen sobre si mesmos e na capacidade de sociabilización dos mesmos. De aí a importancia de recoñecer e xestionar as emocións.
No obradoiro traballaremos coas emocións a través dos xogos, a expresión plática e incluso os contos...
27/09/2017
O programa de Bolsas da Fundación Amancio Ortega ten o obxectivo de facilitar a aprendizaxe do inglés e a inmersión na cultura estranxeira aos mozos/as de institutos e colexios españois durante un ano académico. Os alumnos seleccionados convivirán cunha familia de acollida e cursarán Grado 11 (equivalente a 1º de Bachillerato). A bolsa cubre o 100% dos servizos necesarios para realizar un curso escolar no estranxeiro: viaxe, taxa de escolarización, convalidación de estudos, aloxamento e manutención nunha familia de acollida, seguro médico e de accidentes, e apoio continuado durante os dez meses de estancia; en ningún caso a bolsa supón a aportación económica do valor destes servizos ao beneficiario.
O Programa convoca 500 bolsas dirixidas a estudantes de 4º de ESO de centros españois (80 delas reservadas para Galicia), para estudar Primeiro de Bacharelato nun High School en Canadá ou Estados Unidos o vindeiro curso escolar 2018-2019.
Prazo de envío de solicitudes: do 2 ao 20 de outubro de 2017, 13:00 horas (horario peninsular)
Máis información sobre o proceso de participación: www.becas.faortega.org
Aberto Prazo de Inscrición nas Escolas Deportivas 2017-2018
04/09/2017
Neste enlace podedes consultar as ofertas e os prazos de inscrición nas diferentes modalidades de deporte que nos achegan as ESCOLAS DEPORTIVAS DO CONCELLO.
07/06/2017
Obxectivo
-
Premiar aos alumnos e alumnas de mellor expediente académico nos estudos de Educación Secundaria Obrigatoria.
Destinatarios:
-
Alumnado que rematase os seus estudos de Educación Secundaria Obrigatoria nun centro da Comunidade Autónoma de Galicia e obtivese unha determinada cualificación media.
Características:
-
Os alumnos e alumnas que obtivesen un Premio Extraordinario de ESO:
-
Recibirán un premio en metálico.
-
Anotarase esta distinción no seu expediente académico.
-
Campamento de Verán no Colexio Possumus
23/05/2017
Ponse en marcha o Campamento de Verán "Possumus Circus", coa fin de facilitar a conciliciación familiar demandada polas familias do centro.
O campamento está destinado a nenos/as de 3 a 12 anos, tanto do noso centro como de calquera outro centro que así o desexe. Os grupos faranse de acordo as diferentes idades para realizar unha programación axeitada ao estado evolutivo dos grupos.
A inscrición pode realizarse na secretaría do centro ou ben na oficina de KOREMI (Cronista Rodríguez Elías 2 - of.2) ou en www.koremi.es (entrando na pestaña campamentos de verán). O prazo de inscrición remata o 23 de Xuño.
Para máis información prema nos seguintes enlaces:
Información sobre horarios, actividades, etc.
Orde 16-05-2017 que regula as bases para a adquisición de libros e material escolar e o fondo solidario de libros.
22/05/2017
O fondo de libros solidario e as axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar ponse en marcha para o curso 2017/2018. Na orde publicada o 16 deste mes tedes toda a información referente ao Fondo Solidario e Axudas para libros de texto do curso 2017-18.
IMPORTANTE: o prazo para presentar as solicitudes remata o 23 de xuño de 17,
14/05/2017
As axudas de libros, material escolar e comedor van dirixidas, prioritariamente, a menores de familias con dificultades socioeconómicas e dificultades en conciliar a súa vida familiar e laboral.
A finalidade última das subvencións é apoiar ás unidades familiares que, por insuficiencia de recursos económicos, non poden afrontar o custe do servizo.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles, contando dende o seguinte á publicación oficial do extracto da convocatoria na forma e términos previstos na LGS (Arts. 17. 3.b.), 18 y 20.8) en relación coa Base de Datos Nacional de Subvencións - BDNS (Resolucións IGAE do 7, 9 y 10 de decembro de 2015).
Campamentos Deportivos da Deputación: "Aprendendo a xogar"
07/05/2017
Programa do Coruxo C.F. para coñecer e iniciarse en 30 modalidades deportivas e outras actividades: fútbol, balonmán, baloncesto, ciclismo, bádminton, fútbol praia, boxeo, surf, rugby, béisbol, voleibol de praia, judo, balonmán praia, fútbol sala, petanca, hóckey sobre herba, pas de praia, dardos, wushu, voleibol, saltos, chave, preparación física de base, tenis, marcha, xogos populares, baile moderno, primeiros auxilios, igualdade de xénero, obradoiro de reciclaxe etc.
As actividades serán impartidas por adestradoras, adestradores, monitoras e monitores de todas as modalidades deportivas e contarán coa colaboración de deportistas de elite: Alejandro Gómez, Alejandra Teixeira, Iván Pozo, Nuria Gómez, Ramiro Amarelle, Paula Hernández, Javier Maté, Yago Yao, Marcos Serrano, Laura Alonso etc.
-
Data: do 26 ao 30 de xuño
-
Horario: de 9 a 14 h
-
Dirixido a: nenas e nenos nados entre os anos 2002 e 2011
-
Número de prazas: 1.000
-
Prazo de inscrición: desde o 2 de maio ata esgotar as prazas
-
Lugar: campo de fútbol do Vao, Coruxo
-
Prezo: 40 €; segunda/o irmá/n e seguintes: 20 €
A actividade será gratuíta para as nenas e nenos con ambos os proxenitores en situación de desemprego (deberá acreditarse mediante a presentación das tarxetas de demandantes de emprego xunto coa solicitude).
-
Lugar de presentación:
-
Sede do Coruxo Fútbol Club (estrada do Vao, s/n)
-
Sede de Vigo da Deputación de Pontevedra (rúa Oporto , núm. 3)
-
Campamentos de Verán Xunta de Galicia 2017
16/04/2017
O 18 de abril ábrese o prazo para inscribirse nos Campamentos de Verán da Xunta.
A incorporación aos campamentos e albergues de Galicia será por conta da persoa interesada o día de inicio da quenda correspondente, entre as 16:00 e as 19:00 horas. Non se admitirá ningún/ningunha participante despois deste límite.
Nas actividades que se leven a cabo noutras comunidades autónomas, será por conta da persoa interesada o traslado desde o seu domicilio ata Santiago de Compostela, ou o lugar que se sinale como punto de saída, tanto o día de ida para a actividade como o día de chegada desta.
Idades: poderán participar os mozos e mozas que teñan entre 9 e 17 anos.
-Os/as nacidos/as no ano 1999 non poderán cumprir 18 anos antes da finalización do campamento.
-Os/as nacidos/as no ano 2008 deberán ter cumpridos 9 anos ao inicio do campamento.
Ningún/ningunha participante poderá ser admitido/a en máis dun campamento por ano.
Solicitudes:
As solicitudes poden tramitarse en sede.xunta.es cos seguintes códigos:
Solicitude individual: procedemento BS303A.
Solicitude múltiple: procedemento BS303F.
Prazas reservadas para inclusión de persoas con discapacidade:
procedemento BS303G para solicitude individual
procedemento BS303H no caso de solicitude múltiple.
Prezo:
Os membros de familia que teñan o título de numerosa terán un desconto do 50%
As persoas usuarias do Carné xove gozarán dun desconto do 25%
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ato o 2 de maio de 2017
Máis información no DOG do 17 de abril de 2017
Programa de Inmersión Lingüística do Concello 3º ESO
04/03/2017
O Concello de Vigo está firmemente comprometido co ofrecemento, ó meirande número posible de estudiantes vigueses, da posibilidade de perfeccionar o seu coñecemento do inglés, asemade que descobren a cultura e o sistema educativo dos países anglosaxóns. O dominio dunha segunda lingua é esencial hoxe en día, sendo o inglés, o español e o chinés as máis demandadas e con maior presencia a nivel mundial.
Importante, o prazo remata o vindeiro 15 de marzo!!!!
Axudas para a realización de actividades de formación en Linguas Estranxeiras 2017. XUNTA DE GALICIA
27/02/2017
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca 682 prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2017
Poderá solicitar estas axudas o alumnado de centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia.
O prazo de convocatoria é dende o 28 de febreiro ao 27 de marzo do presente ano. Os requisitos para poder solicitar a axuda son:
-
Estar cursando 1º, 2º, 3º ou 4º de educación secundaria obrigatoria ou 1º ou 2º de bacharelato, en centros sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de réxime xeral, durante o curso 2016-2017, na Comunidade Autónoma de Galicia.
-
Non ter concedida outra axuda para o mesmo fin neste curso nin estar incurso/a nalgunha prohibición para a subvención.
-
Nota mínima na área ou materia de lingua inglesa de Ben ou 6, curso 2015-2016.
-
Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2015/2016.
-
Ter DNI (excepto menores de 14 anos), ou NIE en vigor, segundo corresponda.
Ver cartel resumo da convocatoria
Xornadas de Portas Abertas no Colexio Possumus
24/01/2017
A elección do Centro Educativo para os nosos fillos é unha decisión moi importante á que nos temos que enfrontar nestes días. No Colexio Possumus comezamos xa coa realización das Xornadas de Portas Abertas. As familias poderedes coñecer de primeira man o noso centro no seu día a día, a proposta educativa, o perfil do profesorado, etc. e así poder valorar entre as diferentes opcións cal é o centro que mellor se adecúa aos vosos intereses.
Podedes inscribirvos a través da web ou ben chamándonos ao teléfono 986 37 13 30 , adaptarémonos ao voso horario.
MUSIQUEANDO: Obradoiro de musicoterapia para nenos de 2 e 3 anos.
22/01/2017
Debido ao éxito da anterior edición, MUSIQUEANDO volve o vindeiro venres 3 de febreiro (de 17:00 a 18:00 horas) nas instalacións do Colexio Possumus.
Musiqueando será impartido polo Centro de Estimulación y Aprendizaje Eva López (AFALAR) e ten como obxectivo desenvolver as capacidades dos nenos a través da música. De forma totalmente lúdica potenciaranse a memoria, a atención, o ritmo, a psicomotricidade, as relacións entre iguais...
Se tes interese nesta actividade, inscríbete de xeito totalmente gratuíto no seguinte enlace:
MUSIQUEANDO: Obradoiro de musicoterapia para nenos de 2 e 3 anos.
08/01/2017
Musiqueando é un obradoiro que terá lugar o vindeiro venres 20 de xaneiro (de 17:00 a 18:00 horas) nas instalacións do Colexio Possumus. O obradoiro será impartido polo Centro de Estimulación y Aprendizaje Eva López (AFALAR) e ten como obxectivo desenvolver as capacidades dos nenos a través da música. De forma totalmente lúdica potenciaranse a memoria, a atención, o ritmo, a psicomotricidade, as relacións entre iguais...
Se tes interese nesta actividade, inscríbete de xeito totalmente gratuíto no seguinte enlace:
Conferencia Redes e Persoas: Descubrindo un entorno seguro.
10/01/2017
Para todos aqueles que teñades interese en saber máis sobre as adicións, hábitos e riscos no entorno das redes, non dubidedes en asistir á charla que terá lugar o vindeiro sábado 14 de xaneiro en Educa + (Sanjurjo Badía 93) de 12:00 a 13:30 horas. José Luis Martínez Vila (experto en seguridade informática) e Israel Villar Enjo (psicólogo experto en coaching) serán os encargados de introducirnos neste mundo tan de hoxe en día.
A charla dirixida a pais, nais e titores é gratuíta pero precisa dunha reserva previa que pode realizarse mediante whatsapp no teléfono 635 513 144.
Internet, Whatsapp, Botellón e outras "Lerias" do Montón
11/12/2016
A Asociación Érguete organiza unha charla formativa par nais, pais e educadores abrumados polo novo reto que supón educar. O uso do móbil, internet, videoxogos, WhatsApp e redes sociais, o consumo abusivo de alcohol e a aparición de novas drogas, requiren dunha reflexión profunda como sociedade.
Que teñen os adolescentes na cabeza cando incurren nestas practicas de risco? que falla nas familias, Administración e institucións? Antón Rial (Doutor en Psicoloxía), Manuel Isorna (Doutor en Psicoloxía) e Marta Lloves (Terapeuta Educativa) proporán claves para enfrentarnos ao difícil reto de educar.
O evento terá lugar o vindeiro Martes 20 de decembro ás 19:00 horas na sede da Fundación Barrié (Policarpo Sanz, 31).
Charla Motivación e Creatividade
10/12/2016
Charla organizada por SURGAPA e impartida por Jesús Fernández Alonso, no colexio Niño Jesús de Praga.
Inscricións ata o luns 12 de decembro na ANPA do colexio ou no e-mail ampaninojesusdepraga@outlook.es
Porque a creatividade axuda a acadar metas a priori imposibles.
Cada Neno Un Xoguete 2016
08/12/2016
A Asociación Stop acaba de abrir a campaña Cada Neno un Xoguete (2016), coa que recollerá agasallos para aqueles nenos de familias en situación económica desfavorecida. Este ano, o noso centro quere colaborar como punto de recollida de xoguetes, novos ou usados (pero por suposto en bo estado).
Non perdas a oportunidade de encher de ilusión o Nadal dos máis cativos.
Xornadas "A Parentalidade Positiva, o mellor legado para os fillos e fillas"
27/11/2016
O 1 Decembro ás 18:30 horas no Auditorio do Areal de Vigo (Rúa Areal, 46, 36201 – Vigo), celebraranse estas xornadas de interese para as familias. Trátase dunhas xornadas de apoio para o exercicio positivo da parentalidade co obxectivo de conseguir un bo desenvolvemento dos fillos e fillas.
A asistencia é gratuita pero require unha inscrición previa.
02/10/2016
As becas da Fundación Amancio Ortega están dirixidas a alumnos de 4º da ESO que queiran estudar primeiro de Bacharelato en Estados Unidos ou Canadá.
A beca cobre o 100% do custe escolar: viaxe, taxa de escolarización, aloxamento e manutención (con familia de acollida) e seguro médico ao longo dos dez meses que dura a estancia.
Hay 80 becas reservadas para toda Galicia.
Prazo de envío de solicitudes: do 3 de outubro ao 15 de novembro de 2016, 13:00 horas (horario peninsular)
Máis información sobre o proceso de participación: info@becas.faortega.org
Programa de Escolas Deportivas de Vigo
01/09/2016
Neste enlace podedes consultar as ofertas e os prazos de inscrición nas diferentes modalidades de deporte que nos achegan as ESCOLAS DEPORTIVAS DO CONCELLO.
Listas Definitivas de Admitidos e Excluídos para a Adquisición de Libros de Texto
24/07/2016
Aquí poderedes consultar as listas definitivas de admitidos e excluídos nas axudas para a solicitude de libros de texto do fondo solidario.
Listas Provisionais de Admitidos e Excluídos nas Axudas para a adquisición de Libros de Texto 2016
13/07/2016
Aquí poderedes consultar as listas provisionais de admitidos e excluídos nas axudas para a solicitude de libros de texto do fondo solidarios.
Axudas Municipais para Libros, Material escolar e COMEDOR
05/06/2016
O programa de axudas municipais escolares de libros, material escolar e comedor leva facéndose no Concello de Vigo desde hai máis de vinte anos. Están destinadas aos/ás alumnos/as matriculados/as en centros docentes públicos e privados concertados, empadroados/as e pertencentes a unidades familiares carentes de recursos económicos suficientes.
Estas axudas teñen por obxecto regular o procedemento para a concesión de subvencións ás familias dos/as alumnos/as de centros docentes públicos e privados concertados, de educación infantil (2ª etapa), educación primaria e secundaria obrigatoria, con enderezo en Vigo e para o curso 2016-2017.
Publicación das Bases no BOPPO (ANEXO I Formulario de Solicitude)
30/05/2016
A UCETAG (Unión de Cooperativas do Ensino de Traballo Asociado de Galicia) chega a un acordo coa Universidade de Cambridge (concretamente co Cambridge English Language Assessment, departamento de avaliación de inglés), polo que os colexios UCETAG realizarán os certificados de inglés da Universidade de Cambridge nos propios centros escolares.
O convenio foi asinado na sede da Fundación Barrié de Vigo. O acordo foi suscrito por Alfonso Fernández, presidente de UCETAG (e director do colexio Possumus), e por Robin Gravina, responsable do Desenvolvemento de Cambridge English Language Assessment para España e Portugal, en nome de Saul Nassé, Chief Executive of Cambridge English Language Assessment.
Museo Científico
29/05/2016
O ICOIIG (Ilustre Colegio de Ingenieros Industriales de Galicia) organiza na súa Delegación de Vigo (Avda. Camelias, 2-Entlo) unha xornada de dous días para facer chegar a ciencia a todas as persoas, dende os maiores aos máis cativos.
Os horarios poden consultarse no cartel do evento, con visitas de 90 minutos e en grupos reducidos.
O evento é totalmente gratuíto pero con prazas limitadas. Se vos gusta a ciencia, non deixedes escapar esta marabillosa oportunidade de vivila de preto!
Formulario de inscrición.
Solicitude axudas para libros e material escolar en Galicia (Xunta)
17/05/2016
Xa está aberto o prazo para a solicitude de axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2016/17.
Prazo para presentar solicitudes
-
1. O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 23 de xuño de 2016 (este incluído).
-
2. O alumnado que, unha vez transcorrido o prazo indicado, se incorpore a un centro docente sostido con fondos públicos procedente de fóra de Galicia ou dun centro situado en Galicia pero non sostido con fondos públicos poderá presentar a solicitude no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte á formalización da matrícula. Non se poderán presentar solicitudes despois do 31 de marzo de 2017.
-
3. O alumnado que repita 4º da ESO no curso 2016/17, cando non tivese presentado solicitude de axuda para adquirir libros de texto e material escolar no prazo indicado, tamén poderá presentala no prazo dun (1) mes desde a formalización da matrícula.
-
Máis información nos seguintes enlaces:
Campamento de Verán 2016 no Colexio Possumus
16/05/2016
Se estades buscando un campamento, non vos perdades esta marabillosa opción. O colexio abrirá as súas portas para todos aqueles nenos e nenas de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos que desexen pasar un estupendo mes de xullo facendo deportes, xogos e obradoiros diversos ....
O campamento está diseñado pola empresa NORGOF, S.L., que leva máis de dez anos adicada aos nenos e que sin duda fará que todos eles o pasen xenial, estén activos e fagan novas amizades.
Animádevos!!!
Inscricións en norgof@norgof.es ou telefonicamente no 635.650.092
.
08/05/2016
Dende o día 3 ata o 30 de maio podedes acudir á Exposición de Arte do Parque Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas. Nel veredes as obras feitas polos alumnos de 3º da ESO do colexio inspiradas na exposición do Parque.
17/04/2016
Educación fixa as avaliacións de sexto de primaria para os días 11, 12 e 13 de maio e as de terceiro para os días 24 e 25.
O director xeral de Educación presentou hoxe as probas, e insistiu en que non terán efectos no expediente académico dos alumnos, pero si servirán para implementar plans de mellora da calidade do sistema educativo.
Abranguen a un total de 44.000 nenos e nenas de 800 centros públicos, privados e concertados de toda Galicia.
Os resultados son de uso interno dos docentes, dos alumnos e dos seus pais e titores, polo que en ningún caso se establecerán ránkings de centros.
Manuel Corredoira sinalou que, a raíz da avaliación de 3º que se fixo por primeira vez no curso pasado, un total de 69 centros de Primaria beneficiáronse dos contratos-programa da Consellería e dun docente externo de apoio para desenvolver plans de mellora vinculados aos seus resultados nesa proba.
Prema no títular da nova para máis información ou ben no seguinte texto para acceder a Resolución.
08/05/2016
O sábado 28 de maio terá lugar no Colexio Apóstol Santiago o Seminario sobre as Primeiras saídas de Adolescentes (organizado por SURGAPA), en horario de 10:00 a 18:00 h.
As prazas gratuítas son limitadas se desexades asistir debedes mandar o antes posible a anpa un correo con voso nome, teléfono, email e número de DNI. As prazas son limitadas e por rigoroso orde de inscrición.
Cando os fillos entran na etapa da adolescencia, necesitan tomar certa distancia dos seus pais para poder converterse en adultos autónomos, responsables e maduros, cunha identidade propia, diferente da que os pais desexan.
Neste senso, as saídas nocturnas xogan un papel fundamental no seu desenvolvemento madurativo, xa que lles axudan a distanciarse emocionalmente dos proxenitores, a socializarse cos seus amigos, a vivir novas experiencias e a desenvolver unha personalidade propia. Aínda que as saídas nocturnas son necesarias, os pais presentan certos medos e inquietudes, xa que con elas os fillos poden expoñerse a diversas situacións de risco, como o consumo de alcol e outras drogas...
04/05/2016
Está aberto o prazo de inscrición do Campus Polideportivo daFundación Vigo en Deporte, en colaboración coa Concellería de Deportes que lidera Manel Fernández. Esta edición, a décimo sétima, desenvolverase do 27 de xuño ao 1 de xullo, no Complexo Deportivo das Travesas.
No programa estrela de VIDE, os nenos e nenas poderán achegarse á práctica dos deportes, dende a iniciación ata o perfeccionamento da man das mellores entidades deportivas da cidade. Podendo desenrolar todos os deportes e posibilitando o coñecemento de varias actividades deportivas.
Cerca de trinta monitoras e monitores encargaranse de impartir ensinos de baloncesto, balonmán, voleibol, fútbol sala, hóckey a patíns, baloncesto en cadeira de rodas, piscina, béisbol, rugby, bádminton e ciclismo. Como ven sendo habitual, realizarase a excursión ás Illas Cíes que fomenta a interrelación dos nenos e nenas co medio ambiente e entre si, sendo unha das actividades máis celebradas nesa intensa semana deportiva.
O Campus Polideportivo conta con 200 prazas para nenas e nenos de 6 a 14 anos e o prezo e de 70 € (inclúe o xantar, unha pequena merenda a media mañá e un seguro privado). As actividades comezarán cada día ás 9 h. e concluirán ás 18 h. Os participantes comen cos monitores nas instalacións do Pavillón de Travesas, fomentando así a plena socialización dos futuros deportistas vigueses.
Se, unha vez obtida a praza e realizado o pagamento correspondente, a persoa interesada non pode asistir ao campamento, só terá dereito á devolución da cantidade aboada no caso de que se xustifique por escrito en VIDE, polo menos con 10 días de antelación ao inicio da actividade, e haxa motivos de forza maior debidamente acreditados.
04/05/2016
O vindeiro domingo 8 de maio, o Conservatorio Mayeusis celebra a súa II Xornada de Portas Abertas.
Haberá distintas actividades dirixidas a toda a familia: obradoiros para bebés segundo a metodoloxía Edwin Gordon, clases de Cucú para 2 e 3 anos, microconcertos, clases abertas de guitarra eléctrica ou percusión e pequenas audicións de todas as especialidades. Aprender a bailar claqué, a cambiar as cordas dun violín ou como facer unha grabación estará ao alcance de todos os visistantes.
Será unha xornada festiva que comenzará ás 11:00 h da mañá e rematará ás 13:15 cun concerto da orquesta de Grado Profesional do Conservatorio.
19/04/2016
Se queres ir a Irlanda xa está dispoñible a solicitude da IV Convocatoria das Bolsas Eurolingua que permitirán a mozos e mozas galegas realizar un Curso de inglés de dúas semanas de duración en Irlanda este verán de forma completamente gratuíta. A idade mínima son 14 anos e a nota mínima requerida para optar ás bolsas son 6 puntos de media no expediente académico.
O prazo de solicitude remata o vindeiro luns día 25 de Abril.
07/04/2016
Son unha forma diferente e divertida de pasar as vacacións estivais. As diferentes actividades que integran esta programación levaranse a cabo en diversas quendas de entre oito e doce días de duración durante os meses de xullo e agosto. Podes escoller o campamento que queiras en función da túa idade e das actividades que se leven a cabo nel: actividades de diversa temática en función do campamento (náutica, deportiva, ambiental, artística, patrimonial vinculada ao o Camiño de Santiago, científica, agrícola...) Só tes que animarte a participar!
06/04/2016
Os animais serán os protagonistas deste 17º Salón do Libro: domésticos, salvaxes, polares, nocturnos, acuáticos. Formigas, osos, cans e paxaros. De todas as partes do mundo, dos ecosistemas coñecidos e por coñecer. Reais, fantásticos!!
Todos eles teñen cabida no noso Salón, que terá lugar no Pazo da Cultura entre o 1 e o 23 de abril de 2016.
Unha vez máis, estades todos/as convidados/as.
03/04/2016
A Casa da Xuventude de Vigo ofrece aos mozos e mozas de entre 14 e 30 anos a posibilidade de inscribirse nun curso de 30 horas de duración que terá lugar os martes e xoves en horario de 18:30 a 20:30.
Quen se anima?
16/02/2016
Lembren que o prazo de matriculación de novo alumnado remata o 29 de marzo.
Xornada de Portas Abertas
17/02/2016
O próximo martes 1 de marzo celebraremos a Xornada de Portas Abertas no Centro. Estades convidados a participar e coñecernos.
Conta Contos
17/02/2016
O Próximo martes 23 de febreiro o centro organizará un Conta Contos para aqueles nenos e pais que desexen coñecer as instalacións e o funcionamento do mesmo.
Todos aquelas personas que teñan interese, poden inscribirse na Secretaría do Centro (986 37 13 30) para confirmar a praza.
Estades todos convidados!!!
31/01/2016
Prema no titular desta nova e terá acceso á páxina do MECD que amosa os itinerarios de ensinanza da nova lei (LOMCE).