top of page

ESTUDOS

EDUCACIÓN INFANTIL
 

O alumno é considerado como un ser activo no proceso de ensinanza aprendizaxe, atendendo a un ensino individualizado. 

 

Ofrecemos unha ensinanza plurilingüe (castelán, galego e Inglés), con mestra especialista e auxiliar de conversa.

 

Fomentamos o desenvolvemento da autonomía, o establecemento de relacións sociais e o coñecemento de si mesmo

 

Compartimos o noso labor coas familias posto que desempeñan un papel importante na vida escolar, polo que damos moita importancia á coordinación e comunicación coas mesmas.

 

 

 

 

EDUCACIÓN PRIMARIA

 

Durante esta etapa, pouco a pouco iranse afianzando as  destrezas básicas. As tarefas adquirirán unha complexidade cada vez maior que se verá facilitada pola aprendizaxe cooperativa, iniciándoos nas primeiras experiencias autónomas. Todo este proceso require unha adecuada atención á diversidade, de acordo coas diferenzas individuais e os diferentes ritmos de aprendizaxe.

 

 

 

 

EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA

 

Os alumnos de Secundaria teñen entre 12 e 16 anos, é dicir, son adolescentes. Xa que logo estamos ante unha das etapas máis complexas, críticas e contraditorias da vida. O noso obxectivo é crear un ambiente social aberto e flexible fomentando a interacción e favorecendo a consolidación da confianza en si mesmos.

bottom of page